InicioSANTIAGOO TSXG avala a compensación de festividade ao persoal municipal de Santiago...

O TSXG avala a compensación de festividade ao persoal municipal de Santiago acordado polo goberno de Bugallo

Nunha sentenza con data do 4 de decembro, o TSXG desestima en segunda instancia o recurso contencioso administrativo presentado pola CIG contra este acordo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avalou o acordo adoptado pola xunta de goberno do socialista Xosé Sánchez Bugallo en xullo de 2020 para abonar unha compensación económica para o persoal da Policía Local e o servizo de extinción de incendios polo traballo realizado en sábados, domingos e festivos cando non resultase posible a compensación en tempo libre.

Nunha sentenza con data do 4 de decembro, o alto tribunal galego desestima en segunda instancia o recurso contencioso administrativo presentado pola CIG contra este acordo.

Tras coñecerse o fallo xudicial, nun comunicado remitido aos medios, a edil socialista, Marta Abal, asegurou que a resolución xudicial “reafirma a xestión” do goberno de Sánchez Bugallo ao abonar ese plus en lugar de compensar as horas de traballo con tempo libre “tendo en conta que iso implicaría quedar sen efectivos suficientes para garantir a seguridade e unha actuación eficiente ante posibles eventualidades”.

A socialista sostivo que a decisión atendía a “unha vella reclamación” do persoal municipal e era “imprescindible para garantir os servizos”. “De optar pola compensación con tempo de descanso, corriamos o risco de quedarnos sen efectivos suficientes para garantir a seguridade e unha actuación eficiente ante posibles eventualidades”, indica para sinalar que fixeron “o que tiñan que facer” e critica a “polémica artificial que algúns se esforzaron en xerar”.

O Grupo Municipal socialista sostivo que “o número de efectivos, sobre todo na Policía Local, segue sendo deficitario” e insta o goberno local a traballar para reforzar o persoal. Ademais, insiste en atender a súa petición de elaborar un novo calendario para a organización de efectivos.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...