InicioCULTURAO Museo do Pobo Galego inaugura unha exposición no 75 cabodano d'As...

O Museo do Pobo Galego inaugura unha exposición no 75 cabodano d’As cruces de pedra na Galiza

Publicado o

Xornal de Compostela

Este martes, 3 de decembro, ás 19:00, o Museo do Pobo Galego inaugurará a exposición ’75 cabodano da sinatura d’As cruces de pedra na Galiza, que rende tributo ao escritor e político Castelao con motivo dos 75 anos da publicación da súa derradeira obra. A mostra poderá visitarse ata o 29 de decembro de 2024.

A exposición inclúe unha selección de fondos propios do museo e obras cedidas por persoas socias e patróns. A través desta compilación, os visitantes poderán explorar o impacto e a evolución dos estudos sobre as cruces de pedra, que Castelao abordou como símbolo da relixiosidade popular galega. Nos últimos 75 anos, a súa obra inspirou numerosas investigacións tanto en Galicia como noutras fisterras atlánticas de Europa.

Organizada e producida polo Museo do Pobo Galego, a mostra conta co deseño gráfico e rotulación de Juan Feáns. Ademais, foi posible grazas á colaboración de diversas institucións: a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo – Área de Cultura, a Rede Museística Provincial de Lugo – Museo Provincial de Lugo e o Concello de Santiago de Compostela.

UN TRIBUTO A CASTELAO E A SÚA DERRADEIRA OBRA

Publicado por primeira vez en 1949, As cruces de pedra na Galiza reflicte anos de traballo e estudo de Castelao, quen asinou os primeiros pregos da obra desde o seu leito de morte en Arxentina. Esta exposición conmemorativa destaca a relevancia do polígrafo rianxeiro na preservación e divulgación do patrimonio cultural galego, representado a través das cruces de pedra como símbolo identitario.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here