InicioSOCIEDADEDous dos migrantes que recibiron negativa de asilo do Goberno permanecen no...

Dous dos migrantes que recibiron negativa de asilo do Goberno permanecen no Monte do Gozo sen dereito a comida

O Foro Galego de Inmigración lembrou que son 5 as persoas que recibiron unha resolución de asilo negativa por parte do Goberno e que o seu caso aínda non está resolto

Publicado o

Xornal de Compostela

O Foro Galego de Inmigración deu a coñecer este xoves a situación de cinco inmigrantes senegaleses que están en risco de quedar na rúa en Santiago de Compostela e advertiu das condicións de vida nas que se atopan aquelas persoas migrantes cunha resolución de asilo negativa por parte do Goberno. Nunha rolda de prensa acompañado por representantes da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas, o portavoz do Foro Galego de Inmigración, Miguel Fernández, expuxo o caso de cinco senegaleses con resolución negativa, aos que están a axudar.

En concreto, un deles aínda non foi desaloxado e os catro restantes atopábanse no albergue do Monte do Gozo ata o día 15 deste mes, cando tiñan que abandonar a vivenda. Actualmente, dous deles atópanse no albergue de Xoán XXIII e outros dous mantéñense no do Monte do Gozo, pero sen dereito a comida. Amadou Diallo, un dos migrantes que actualmente reside no Monte do Gozo e que se atopa facendo un curso de hostalaría, mostrou a dificultade da súa situación e expresou o abafo e a incerteza que vive pola posibilidade de quedar na rúa.

Neste escenario, Miguel Fernández cualificou de “apaños” as medidas que está a levar a cabo o Foro, con axuda do Concello de Santiago, para evitar que estas persoas queden na rúa e asegurou que estes non se corresponden co que debería de ser un programa por parte do Goberno que prestase unha atención “digna”. Así mesmo, incidiu na importancia da nacionalidade nestes casos, xa que sostido que aquelas persoas procedentes de países en guerra teñen máis posibilidades de recibir unha resolución de asilo positiva que no caso de migrantes como os afectados neste caso, que proceden de Senegal.

Na mesma liña, a representante da Rede Galega na reunión, Cristina Bandín, comparou a lei contra o abandono animal coa situación destas persoas, cualificando de “inadmisible” o feito de “abandonar desta forma a ningunha persoa”. Bandín tamén fixo un símil co turismo, ao soster que Santiago recibe a “máis de 450.000 turistas ao ano” e pon “pegas” para acoller a unhas poucas persoas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here