InicioSANTIAGOA USC actualiza o regulamento de asistencia a clase e aborda a...

A USC actualiza o regulamento de asistencia a clase e aborda a planificación académica

O Consello de Goberno tratou modificacións normativas e organizativas nunha xuntanza no Colexio de San Xerome

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela reuniuse este luns no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome para abordar cuestións relacionadas coa ordenación e planificación académica. Entre os puntos destacados figurou a aprobación do novo Regulamento de Asistencia a Clase nas ensinanzas de grao e mestrado, presentado pola secretaria xeral, Dulce María García Mella.

O regulamento establece que a asistencia a clase será configurada como un ‘dereito e deber’, tal e como recolle o seu primeiro artigo. A programación docente de cada materia determinará as actividades presenciais obrigatorias e a súa avaliación, así como o valor do proceso de aprendizaxe no conxunto da cualificación final. O texto tamén regula a xustificación das faltas de asistencia, atendendo ás especificidades de cada materia.

Segundo a USC, este enfoque busca dar prioridade aos resultados de aprendizaxe e aos coñecementos adquiridos durante a actividade presencial, integrando a asistencia como parte esencial da avaliación continua.

Na xuntanza tamén se aprobou o calendario de Planificación Académica Anual para o curso 2025/2026 e tratouse a actualización do Regulamento de Planificación Académica, adaptado a novas normativas, como a entrada en vigor da Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU). Entre os aspectos revisados, destacan os criterios para calcular as reducións da capacidade lectiva nas áreas de coñecemento e o recoñecemento de Horas Docentes Equivalentes (HDE) por actividades docentes, investigadoras e de xestión.

OUTROS TEMAS

Ademais, o Consello tratou a adscrición de materias de grao e mestrado a departamentos, así como modificacións non substanciais de memorias de titulacións para o curso 2025/2026. Tamén se avanzaron as declaracións de intencións para modificacións substanciais de titulacións de grao, mestrado e doutoramento que entrarán en vigor no curso 2026/2027.

Entre outros temas tratados, destaca o debate sobre o Regulamento do Traballo de Fin de Grao no Grao en Xestión Cultural, a elección do director en funcións do Departamento de Bioloxía Funcional, e a aprobación de convenios, cursos de estudos propios e informes económicos.

A sesión, segundo destacaron fontes da USC, enmárcase no obxectivo de adaptar a institución aos retos normativos e educativos actuais, ao tempo que se traballa na mellora continua das condicións para o desenvolvemento docente, investigador e administrativo.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here