InicioPOLÍTICAO concello asume que "será moi difícil" que a taxa turística comece...

O concello asume que “será moi difícil” que a taxa turística comece en xaneiro

O conselleiro de Facenda reuniuse coa rexedora para tratar o artigo da lei de medidas que abordará a taxa

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, informaron este venres á alcaldesa de Santiago dos últimos trámites relativos á lei que habilitará a implantación dunha taxa turística, unha norma que Goretti Sanmartín ve con “moitas incógnitas” e que, na súa formulación actual, cre que será “moi difícil” cumprir co prazo do 1 de xaneiro para a posta en marcha desta taxa.

No encontro deste venres en San Caetano, que desde o concello criticouse por ser convocado con 24 horas de antelación, o Goberno galego trasladou ao consistorio que as emendas ao texto serán debatidas no Parlamento a próxima semana.  A Xunta sostén que Lei de medidas fiscais e administrativas dos orzamentos 2025 senta as bases desta norma e prevé a súa aprobación definitiva no prazo dun mes, para que o Concello de Santiago conte cun marco legal que posibilite a posta en marcha da taxa a partir do 1 de xaneiro.

Tal e como abordaran nas últimas reunións entre a Xunta e o Concello, o imposto sobre estancias turísticas será voluntario e estará xestionado ao 100% polos municipios que o decidan. Ademais, o 80% dos ingresos derivados da taxa terán que ir destinados ao fomento e desenvolvemento do turismo sustentable. A norma permitirá aos concellos establecer unha recarga sobre o imposto, en aplicación da súa autonomía municipal e será competencia íntegra das entidades locais a xestión, aplicación, recadación, inspección e potestade sancionadora da recarga.

A ALCALDESA VEO “UN DESIDERATUM”

Pola contra, a alcaldesa de Santiago insistiu este venres en que a formulación da Xunta “non resulta satisfactoria” para o concello, que a ve máis “un desideratum” que “unha proposición lexislativa“. “É un dicir o que se vai a facer, pero non aparece recollido”, engadiu.

Con iso, considerou que será “moi difícil” cumprir coa proposta de que se poida habilitar unha taxa a 1 de xaneiro. “O artigo 8, tal e como está, desde o punto de vista técnico, non serve para pór a andar o imposto de estancias turísticas e ten bastantes incógnitas”, dixo a rexedora. Goretti Sanmartín asegurou que non é “de recibo” que a convocatoria para a reunión deste venres se fixese “con 24 horas de antelación” e tendo en conta que o prazo de presentación de emendas termina este sábado.

“O Concello non pode presentar emendas directamente, pero si trasladar as nosas propostas aos grupos parlamentarios para que as rexistren. Con todo, esta falta de previsión por parte da Xunta dificulta enormemente o proceso”, criticou Sanmartín.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...