InicioSANTIAGOAMESAmes retoma os Bonos Consuma para incentivar o comercio e hostelería local...

Ames retoma os Bonos Consuma para incentivar o comercio e hostelería local no Nadal

O programa ofrecerá descontos para promover o consumo e apoiar aos negocios locais en Ames

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da súa Concellería de Promoción Económica, reactivará este Nadal o programa de incentivos comerciais coñecido como Bonos Consuma. Esta iniciativa, que busca promover o consumo local durante as festas e axudar a veciñanza nas súas compras, foi presentada hoxe na Casa do Concello nun acto que contou coa participación do alcalde, Blas García, da concelleira Ana Belén Paz e da xerente da Xuntanza de Empresarios de Ames, Beatriz López.

Tras o éxito acadado nas edicións anteriores, os Bonos Consuma regresan cun orzamento de 60.000 euros para reactivar o comercio e a hostalería locais. O alcalde, Blas García, salientou a importancia desta medida, destacando que ‘os bonos buscan apoiar tanto aos comercios locais como ás economías familiares de Ames, co obxectivo de fomentar un aforro directo para a cidadanía’. Engadiu, ademais, que ‘o pasado ano xeráronse 260.000 euros en consumo grazas a este programa, cifra que agardamos superar nesta campaña’.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, subliñou que na última edición participaron un total de 108 establecementos, cubrindo sectores variados como xogueterías, librarías, hostalería, moda, informática e clínicas veterinarias, entre outros. Paz explicou que “o programa foi unha ferramenta efectiva para dinamizar o comercio local, especialmente na campaña de Nadal”.

Pola súa banda, Beatriz López, representante de Xuntanza de Empresarios de Ames, destacou que a iniciativa é ‘un impulso moi necesario para o comercio no Nadal’, animando aos negocios a adherirse ao programa.

COMO ADHERIRSE AO PROGRAMA BONOS CONSUMA

Os establecementos comerciais e hostaleiros de Ames interesados en participar deberán inscribirse entre o 19 de novembro e o 6 de decembro a través da páxina web www.bonosconsuma.gal. Os negocios que formen parte do programa estarán identificados cun adhesivo que os acredita como establecementos colaboradores, facendo visible a súa participación na campaña.

A campaña estará activa para os consumidores entre o 14 de decembro e o 14 de febreiro de 2025, un período que inclúe as celebracións de Nadal e os meses seguintes.

DESCONTOS

Os Bonos Consuma funcionan como descontos aplicables en función do importe da compra realizada nos establecementos adheridos:

  • Desconto de 5 euros en compras entre 10 e 30 euros.
  • Desconto de 10 euros en compras entre 30 e 50 euros.
  • Desconto de 15 euros en compras de 50 euros ou máis.

Cada bono desconto será válido ata o seu esgotamento ou ata esgotar o orzamento total asignado á campaña.

Este programa de descontos representa unha aposta do Concello de Ames para fomentar a economía local a través dun apoio directo á veciñanza e aos pequenos negocios, consolidándose como un recurso xa habitual na promoción do comercio de proximidade.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here