InicioSANTIAGODous detidos pola morte violenta do dono dunha carnicería na praza de...

Dous detidos pola morte violenta do dono dunha carnicería na praza de abastos en Santiago

A alcaldesa de Santiago di que "todo está encamiñado" en relación ás investigacións

Publicado o

Xornal de Compostela

A policía detivo a unha segunda persoa involucrada na morte violenta do dono da carnicería Chelo & Muñico na madrugada deste martes na praza de abastos de Santiago. Os axentes contan con dar co terceiro involucrado, xa identificado, nas próximas horas.

Segundo informan fontes próximas á investigación a Europa Press, os feitos ocorreron cando o placeiro se atopaba entrando no recito, foi entón cando se produciu unha “pelexa” na que a vítima recibiu un golpe na cabeza, aínda que a autopsia deberá determinar se polo impacto dun obxecto ou ao caer ao chan. Non hai constancia de que levasen diñeiro do lugar.

O 061 recibiu alerta ás 4,43 horas por agresión a este home de 60 anos. Ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias e persoal sanitario da PAC de Santiago. De tal forma, Antonio Costa faleceu no lugar.

A praza foi acordoada durante unhas horas ata o levantamento do corpo e reabriu preto das 8,45 horas.

Ata o lugar trasladouse a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, quen lamentou este falecemento “despois dun altercado”. Remarca que a investigación está baixo segredo de sumario, baixo dirección da Policía Nacional, e esperarase á autopsia para esclarecer os feitos. Así, mandou un “fortísimo abrazo e todas as condolencias” aos familiares das vítimas. Tamén acudiu á praza o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro..

Ata o lugar trasladouse a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, quen lamentou este falecemento “despois dun altercado”. Remarca que a investigación está baixo segredo de sumario, baixo dirección da Policía Nacional, e esperarase á autopsia para esclarecer os feitos. Así, mandou un “fortísimo abrazo e todas as condolencias” aos familiares das vítimas. Tamén acudiu á praza o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro.

ALCALDESA DE SANTIAGO: “O TEMA ESTÁ ENCAMIÑADO”

Praceiros de Santiago e a corporación municipal asistiron este martes a un minuto de silencio tras a morte violenta de Antonio Costa, de Chelo & Muñico. Preguntada sobre a investigación en declaracións posteriores, a alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, asegurou que “o tema está encamiñado”.

Tras o acto, Sanmartín mostrou o seu apoio tanto á familia como aos traballadores do mercado e lamentou o falecemento de “unha persoa moi querida en Santiago de Compostela despois dun altercado”.

Neste sentido, a rexedora explicou que está en contacto coa Policía Nacional e coa Delegación do Goberno e incidiu en que o tema “está encamiñado” e que nas próximas horas “vai haber detencións”.

“Esperamos que rapidamente podamos saber e aclarar que foi o que ocorreu”, asegurou. Ademais, a rexedora aseverou que debido a que a investigación se atopa baixo segredo de sumario, o goberno local non vai pronunciarse, senón que “corresponde aos organismos e forzas de seguridade a nivel nacional facer esa comunicación”.

Segundo informaron fontes próximas á investigación a Europa Press, os feitos ocorreron cando o placeiro se atopaba entrando no recinto. Foi entón cando se produciu unha “pelexa” na que a vítima recibiu un golpe na cabeza, aínda que a autopsia deberá determinar se polo impacto dun obxecto ou ao caer ao chan.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...