InicioECONOMÍAOs Bonos Corazón esgótanse no seu primeiro día de dispoñibilidade

Os Bonos Corazón esgótanse no seu primeiro día de dispoñibilidade

O programa, dotado de 450.000 euros, esgota a súa oferta nunhas poucas horas tras a posta en marcha este venres

Publicado o

Xornal de Compostela

Os Bonos Corazón do Concello de Santiago, lanzados este venres, esgotáronse en poucas horas, demostrando unha vez máis o alto interese da cidadanía compostelá por esta iniciativa de apoio ao comercio local. O programa, que este ano incrementou o seu orzamento ata os 450.000 euros, permite que cada usuario obteña un desconto do 40% en compras nos establecementos adheridos, cuberto polo Concello.

Os veciños que descargaron os bonos dispoñen de prazo ata o 4 de decembro para trocalos, podendo gastalos en varias compras nos comercios adheridos ata o esgotamento do saldo. Estes bonos, cun valor de 50 euros dos cales o Concello achega 20 e o usuario os 30 restantes, están dispoñibles en formato dixital mediante código QR, accesible desde a aplicación Wallet, unha mellora que facilita o uso e permite un maior control do saldo.

Este ano, a campaña presentou varias novidades, como a ampliación de orzamento en 17.000 euros con respecto a 2023 e a modificación das datas para situar a iniciativa no mes de novembro. Estas mudanzas responden a peticións dos comerciantes, que demandaban unha campaña nesta época do ano. Ademais, para facer fronte á posible brecha tecnolóxica, habilitouse a opción de reserva presencial para que persoas de maior idade ou con dificultades tecnolóxicas tamén puidesen beneficiarse dos bonos.

Os comercios interesados en unirse ao programa teñen prazo ata o 29 de novembro para completar a súa adhesión. Na edición de 2023, os Bonos Corazón lograron mobilizar preto de 4 millóns de euros en Santiago, cun impacto directo en 567 establecementos locais e máis de 19.500 persoas beneficiarias.

A campaña mantén o obxectivo de dinamizar a economía local e promover o consumo nos comercios e establecementos de hostalaría composteláns, contribuíndo a fortalecer o tecido empresarial e a estimular a actividade comercial na cidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...