InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames celebra Santa Icía cunha semana de música e...

O Concello de Ames celebra Santa Icía cunha semana de música e danza

Unha programación variada con artistas locais conmemora a patroa dos músicos con concertos e espectáculos no Milladoiro e Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames presentou esta mañá a súa programación cultural para a celebración de Santa Icía, patroa dos músicos, que terá lugar entre o 20 e o 24 de novembro. O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, destacou que esta segunda edición busca ofrecer opcións culturais diversas e promover o talento musical local. Durante a semana, as actuacións de grupos e solistas de Ames, xunto con artistas recoñecidos, levarán música e danza ás casas da cultura do Milladoiro e Bertamiráns.

A semana comezará o mércores 20 de novembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, coa actuación dos combos da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). Seguiralle o concerto de Luis Fercán o xoves 21, ás 20:30, en Bertamiráns, parte da súa xira ‘Postales perdidas’.

O venres 22, Héctor Rial presentará o seu espectáculo ‘Azúcar, pimienta y sal’, que traerá a Ames unha selección internacional de tangos, valses e milongas, acompañado de músicos, cantantes e bailaríns. Na fin de semana, o sábado 23 ás 19:00, o auditorio de Bertamiráns acollerá a actuación da coral de Bugallido xunto ao coro do Conservatorio de Maia e as pandeireteiras da Costaneira. O programa rematará o domingo 24, tamén en Bertamiráns, cunha velada de violín a cargo de Anxo Gómez Piñeiro e a pianista Haruna Takebe.

A programación cultural de Santa Icía 2024 é aberta a todo o público, coas entradas dispoñibles na billeteira electrónica do concello.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here