InicioCULTURAO festival FacomFest regresa a Santiago para impulsar o talento audiovisual galego

O festival FacomFest regresa a Santiago para impulsar o talento audiovisual galego

O evento, organizado polo alumnado da USC, ofrece unha plataforma para dar visibilidade ás creacións de estudantes e novos talentos do sector

Publicado o

Xornal de Compostela

O FacomFest, festival de contidos audiovisuais organizado polo alumnado de cuarto curso do grao en Comunicación Audiovisual da USC, celebrará a súa terceira edición entre o 25 e o 28 de novembro en Santiago de Compostela. Esta iniciativa, que conta co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, ten como obxectivo ofrecer un espazo de encontro para que a comunidade estudantil galega poida compartir e exhibir as súas creacións audiovisuais, promovendo así o talento da xuventude en Galicia.

A participación no festival está aberta a estudantes matriculados en calquera universidade ou centro de formación galego, independentemente dos seus estudos. As obras poden presentarse en dúas modalidades: unha sección competitiva, con tres categorías (Ficción, Non Ficción e Videoclips), na que as obras premiadas recibirán unha compensación económica; e unha sección non competitiva, orientada exclusivamente á exhibición de contidos.

As inscricións están abertas ata o próximo 5 de novembro e pódense realizar a través dun formulario dispoñible nas redes sociais do festival e na súa páxina web. As obras da sección competitiva serán avaliadas por un xurado composto por estudantes e profesionais do sector audiovisual.

O programa do Faco Fest incluirá, ademais das proxeccións das obras seleccionadas, actividades formativas e eventos musicais, seguindo a dinámica das edicións anteriores. Esta oferta complementarase con talleres e outras actividades deseñadas para promover o intercambio de experiencias e aprendizaxe no ámbito audiovisual.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here