InicioDEPORTESO ADB Fontiñas entrega 400 pares de calzado a mozos refuxiados en...

O ADB Fontiñas entrega 400 pares de calzado a mozos refuxiados en Santiago

A campaña 'Ti podes deixar a túa pegada' sumou a solidariedade do barrio e entidades educativas para apoiar a integración social dos refuxiados

Publicado o

Xornal de Compostela

O ADB Fontiñas entregou esta semana os 400 pares de calzado recollidos na campaña solidaria ‘Ti podes deixar a túa pegada‘, destinados aos arredor de 340 mozos refuxiados recentemente chegados a Santiago de Compostela, a maioría procedentes de Mali e Senegal. O calzado doado, principalmente zapatillas deportivas e de inverno, será distribuído pola ONG RESCATE entre os refuxiados aloxados nas instalacións da Silvouta e Monte do Gozo.

A campaña contou coa colaboración de diversas entidades do barrio, como Alcampo Área Central, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e o IES Rosalía de Castro, entre outros. Tamén se incorporou un lote de calzado chegado dende Alemaña, doado por un antigo socio do club que cursou parte dos seus estudos en Santiago.

A iniciativa xurdiu ao detectar a falta de equipamento deportivo nos encontros organizados polo ADB Fontiñas, que incluíron adestramentos abertos e un torneo de baloncesto 3×3. Estes eventos, organizados para promover a inclusión social mediante o deporte, expuxeron a necesidade de calzado axeitado para que os mozos poidan participar na actividade deportiva.

O club anticipou que continuará con esta acción solidaria, organizando novos adestramentos inclusivos e pequenas competicións co obxectivo de facilitar o contacto dos refuxiados coa cidadanía local e fomentar a súa integración social.

Fundado no barrio das Fontiñas, o ADB Fontiñas leva case vinte anos promovendo o baloncesto como ferramenta de crecemento social e integración.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here