InicioOPINIÓNVivendas para a mocidade

OPINIÓN

Vivendas para a mocidade

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Cumprir a palabra dada. Ese compromiso, que ás veces parece intanxible, que se difumina entre os recordos e os recortes de prensa, é o que adquiriu o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na campaña das eleccións autonómicas do pasado febreiro. E, unha semana máis, o Consello da Xunta sae cunha nova iniciativa que materializa eses compromisos, esa palabra, e Santiago de Compostela está de en hora boa.

Atendendo ás dificultades da xente moza, o goberno galego impulsará unha promoción de 70 aloxamentos de uso compartido para persoas de menos de 36 anos, unha iniciativa que se levará a termo na parcela de Xoán XXIII, en pleno centro da cidade e a uns metros do Obradoiro. Estes espazos terán un aluguer máximo de tres anos, facilitando, xa que logo, que poidan ser empregados por estudantes de doutoramento, MIR etc.

Esta medida, que foi anunciada pola conselleira de Vivenda, Martínez Allegue, e polo conselleiro de Xuventude, López Campos, deita numerosas vantaxes: as vivendas contarán con cociña, salón, dormitorio e baño (mínimo 30m2), polo que brindarán unha privacidade real —non como nunha residencia—, mais contarán con outros espazos comúns. A proposta xa fora incorporada tamén no programa electoral do popular Borja Verea, o que demostra o cumprimento dos compromisos e a relevancia do diálogo político para acadar fins en beneficio da comunidade.

En contraposición con propostas como as do BNG, que propoñen, como no país da piruleta, comprar directamente a propietarios os seus pisos —investindo unha cantidade desmesurada de fondos, encarecendo o custe dos pisos e reducindo a oferta de vivendas baleiras na cidade, é dicir, contribuíndo á suba de prezos—, esta nova iniciativa autonómica representa unha oportunidade de ouro, que se suma ás vivendas planificadas polo goberno autonómico en Lamas de Abade e no Castiñeiriño.

Cómpre seguir traballando para solucionar os problemas de vivenda e, nese camiño, agardamos coas mans abertas a que se sumen tanto o BNG como o PSOE, logo de todas as promesas baleiras de Sánchez dos últimos anos. Rememos xuntos!

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Santiago defende o labor do Concello para gañar rutas aéreas e acusa á Xunta de “non coller o temón” da política...

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, defendeu o impulso que se dá desde o...

O Goberno recolocará a Comisaría da Policía Nacional de Santiago en locais de Santa Marta

O Goberno planea recolocar a Comisaría da Policía Nacional de Santiago en locais do...

Máis de 280 escolares do CEIP Pío XII homenaxean o comercio tradicional compostelán na Praza do Obradoiro

Máis de 280 escolares de Educación Infantil e dos primeiros cursos de Primaria do...

O PP carga contra o goberno local pola sentenza do TSXG sobre o interventor mentres o Concello defende que o fallo cuestiona só un...

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, asegurou este...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

…E o “medicamentazo”!

No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP) permitiu...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here