InicioPOLÍTICAO Concello consultará se a taxa turística presentada pola Xunta é "xuridicamente...

O Concello consultará se a taxa turística presentada pola Xunta é “xuridicamente válida”

"Díxose que esa lei estaba xa desenvolvida na lei de acompañamento, pero non está. Hai un novo compromiso, que nos parece vago e impreciso, e niso estamos a traballar desde o departamento para confirmar se tal e como aparece recolleito é xuridicamente válido", manifestou a portavoz municipal Míriam Louzao

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz municipal de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, avanzou este luns que Goberno local consultará xuridicamente se a taxa turística presentada pola Xunta na lei de acompañamento dos orzamentos é “xuridicamente válida”. En rolda de prensa tras a xunta de goberno, Louzao lamentou a “falta de palabra co prometido” pola administración autonómica. “Díxose que esa lei estaba xa desenvolvida na lei de acompañamento, pero non está. Hai un novo compromiso, que nos parece vago e impreciso, e niso estamos a traballar desde o departamento para confirmar se tal e como aparece recolleito é xuridicamente válido”, manifestou.

A partir de aí, relatou, cando teñan a proposta final de lei, coas emendas, comezarán a traballar desde o Concello, pero, engadiu, “sen ter o texto final é un pouco máis complicado empezar a traballar”. Con todo, apuntou que é “unha boa noticia” que se poida pór en marcha esta medida e asegurou que detrás da capital galega “virán máis concellos”, polo que insistiu en que “o lóxico” é que sexa a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) quen o recade porque, na súa opinión, iso axudaría a que outros municipios queiran pór en marcha este imposto.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...