InicioOPINIÓNComparacións odiosas I

Comparacións odiosas I

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz

“Dato mata o relato”: frase atribuida a Jaime Durán Barba, consultor político de Ecuador (1947). Destaca a supremacía dos datos sobre as narrativas subxetivas, particularmente no contexto das campañas electorais.

A responsabilidade de gobernar, leva consigo ter moitos “datos”. O uso que se fan deles, é o máis importante para recoñecer si estamos ante unha verdadeira democracia ou ante un réxime político afastado da realidade e con “relatos” adaptados ao mantemento do poder…independentemente de que estén apoiando causas inxustas, mentiras evidentes e argumentario adaptado ás necesidades de quen está no poder e quere mantelo a toda costa. O apoio ós lobbies en detrimento da cidadanía, deturpa o que pensa a maioría da xente, pero que a hora de dar o seu voto, concede maiorías absolutas que “lexitiman” o seguir perxudicando ao pobo. Falarei de algúns temas e de como se desvirtúa a realidade por parte do PP na Galiza.
Según o último informe da Seguridad Social, de xullo do 2024, a pensión media en España é de 1.255,68 e. e na Galiza é de 1.075,74 e.
O salario medio no noso País, está en 1.744 e. mensuais en 2023, o que supón que está 170 e. por debaixo dos 1.914 e. da media española, según o informe de Adecco.
Entre o 2018 e 2019 oito autoestradas de peaxe no estado, foron rescatadas: AP-7, R-2, R-3 e R-5, M-12, AP-36, Circunvalación de Alicante e AP-41; están baixo o paraugas da empresa pública Sociedad Estatal de Infraestructuras del Transporte Terrestre. A autoestrada nosa (que nun 76% do seu traxecto non ten vía alternativa gratis e foi prorrogada de forma ilegal por Aznar), sigue no limbo. A valoración do rescate, para o ministro Oscar Puente, do PSOE, pasa de 6.000 a 4.000 millóns de e. e que nun estudo recente (e fiable) o cifra en 905 millóns de e. E nos rebelamos. Por que temos, ademáis, as peaxes máis caras da rede viaria española? PPPSOE son os responsables! Quen defende aos cidadáns?
Na Galiza, según a Xunta, temos 8.000 prazas públicas de Residencias de Maiores en 341 centros. Pero a Federación Gallega de Familiares asegura que “algunhas desas prazas son de xestión privada e que so o 14% son públicas”. En todo o territorio estatal, son 3.925 centros privados e 1.642 públicos. O índice de maiores de 65 anos, na Galiza é o maior do estado. Nas Residencias da Xunta o usuario paga o 76% dos seus ingresos, mentras que nas privadas o prezo o fixa a empresa, sin importar os recursos da persoa. Seguimos exixindo explicacións, polos “Decretos da Vergoña” cos que se deixou morrer ós residentes enfermos de COVID e non foron trasladados o Hospital de referencia. Os cartos para realizar Residencias Públicas na Galiza, non existen. As dun empresario famoso, eran para ser públicas e o goberno de Rueda, as privatizou. Calquer comparación cunha actuación responsable cos maiores de Galiza e do estado español, queda invalidada polo sucedido realmente.
O PP ten a gala o de apoiar os lobbies, sexan das eléctricas, de telefonía, da industria contaminante, das minas, da agricultura non ecolóxica, das piscifactorías, das petroleiras, etc…sempre defendendo ás grandes corporacións, en detrimento da cidadanía. A comparación a faríamos con gobernos responsables que de verdade pensasen no benestar dos seus cidadáns.
Que a CRTVG está o servizo do PP ninguén o dubida. A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia e a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, apoiamos de forma activa a Iniciativa Lexislativa Popular “Liberemos á Galega. Por unha CRTVG ao servizo do pobo”. Non pode pasar nin un minuto máis, en que os medios públicos galegos, sigan secuestrados, e sendo o voceiro do PP: mentindo, manipulando, externalizando programas e destrozando a língua galega un día sí e outro tamén.
Na Galiza, é onde máis lumes se rexistran: o 49% de todolos incendios do estado español. Unha cantidade moi superior a de Castela-León, que é a segunda na lista (14%). Pero claro, si dende o goberno do PP, aprobanse proxectos como o de Altri, que consumen grandísimas cantidades de auga e de eucaliptos, e se despreza á cidadanía, o resultado é unha peor calidade de vida para os nosos fillos e netos.
P.D. Seguirei dando exemplos das actuacións do PP, que nos mostra cada día, o seu desprezo polas persoas e as mínimas normas de actuación para que a xente poda ter unha vida digna. Continuará…

ÚLTIMAS

Persoas con discapacidade denuncian nunha parada da Avenida Mestre Mateo a falta dun transporte accesible e adaptado

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), en colaboración coas súas entidades membro, celebrou este...

O Concello de Santiago cuestiona as modificacións lexislativas da Xunta no plan urbanístico

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica do Concello de Santiago, Iago Lestegás,...

Deteñen un home por exhibicionismo dentro dun bus urbano en Santiago

Un home foi detido este luns en Santiago de Compostela despois de protagonizar un...

Vueling conectará Santiago con Roma este Nadal e reforza as súas rutas para a tempada de inverno

A compañía Vueling recupera este Nadal a ruta que conecta Santiago de Compostela con Roma-Fiumicino, que...

É grave, doutora? É un caseiro

Hoxe non me encontro ben; sei que estou peor que onte, mais tamén son...

Antonio López e Xavier Ferreira: todo toca o seu fin

A USC leva anos descompoñéndose. Reitor e xerente miraban cara a fóra. As culpas,...

Sobre as quedadas na Sionlla

A formación política do Grupo Municipal Socialista de Compostela @gms_compostela (conta que non ten...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here