InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora da eficiencia enerxética...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora da eficiencia enerxética no pavillón do Forte

O investimento, de preto de 60.000 euros, permitirá resolver problemas de humidades e mellorar o confort nas instalacións deportivas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón comezou as obras de mellora da eficiencia enerxética no pavillón polideportivo do Forte, cun investimento próximo aos 60.000 euros. O financiamento procede da Xunta de Galicia, a través do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local. O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Munín, asistiron ao acto de replanteo das obras, acompañados por representantes da empresa adxudicataria.

Rodeiro Tato explicou que, ademais de mellorar a eficiencia enerxética, as obras solucionarán os problemas de humidades no interior do polideportivo, producidos por gretas e fisuras nas fachadas exteriores. Entre as actuacións previstas están a reparación das zonas máis afectadas, a instalación dun novo revestimento con solución SATE e a substitución dos remates de coroación e da cuberta para unha correcta evacuación da auga da chuvia.

Outra das melloras incluídas no proxecto é a instalación dun equipo de produción de auga quente sanitaria nos vestiarios, que contará cun sistema de bomba de calor por aerotermia e un acumulador de 477 litros, o que aumentará o confort dos usuarios das instalacións municipais.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Pico Sacro acolle a Cerimonia do Lume Sagrado para dar a benvida ao solsticio de verán

O Pico Sacro volveu converterse este mediodía nun espazo de encontro arredor da tradición...

A Xunta autoriza ambientalmente a transformación de 4,8 hectáreas forestais en viñedo no municipio de Boqueixón

A Xunta de Galicia concedeu a avaliación ambiental favorable a un proxecto de cambio...

Rueda anuncia investimentos en estradas e servizos sociais tras reunirse co alcalde de Boqueixón

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here