InicioSANTIAGOA USC abre o prazo de inscrición para as sesións de conversa...

A USC abre o prazo de inscrición para as sesións de conversa en inglés e francés do Centro de Linguas Modernas

As sesións en liña comezarán o 21 de outubro e prolongaranse ata o 20 de decembro, con prazas limitadas a catro participantes por grupo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro de Linguas Modernas da USC ten aberto o prazo de inscrición nas sesións de conversa en inglés e francés para o primeiro semestre do curso 2024/25. O período para matricularse estará dispoñible ata o 21 de outubro e as sesións desenvolveranse en formato en liña a través de videoconferencia desde esa data ata o 20 de decembro.

Estas sesións teñen como obxectivo mellorar a expresión e interacción oral dos participantes. O profesorado especializado do CLM guiará grupos reducidos de máximo catro persoas, onde se traballarán aspectos como a pronuncia, o vocabulario e a fluidez. A duración das sesións será de 40 ou 60 minutos, dependendo do idioma, e cada matrícula cobre un total de 10 horas de conversa.

As conversas están dirixidas ao persoal e estudantado da USC, pero tamén están abertas a persoas maiores de 18 anos que non formen parte da comunidade universitaria. Os niveis ofertados corresponden aos niveis B1, B2 e C1 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL).

Para inscribirse, non será necesario realizar un test de nivel previo para quen xa estea matriculado noutro curso do mesmo idioma no CLM. Para o resto de interesados, será preciso realizar un test de nivel, que poderá ser presencial ou en liña.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here