InicioECONOMÍA(DATOS) Máis de 2300 euros: este sería o salario mínimo para vivir...

(DATOS) Máis de 2300 euros: este sería o salario mínimo para vivir só nun alugueiro en Compostela

Os datos de Idealista mostran que, dependendo da zona, é necesario un salario neto mensual de entre 2333 e 3073 euros

Publicado o

Por David Gómez Pérez

Para vivir só Compostela é necesario un salario superior aos 2.000 euros. Sen que o custo do alugueiro supere o 30% do salario, un dos criterios que esixen a maior parte das aseguradoras de inquilinos á hora de alugar, é necesario un salario neto mensual que pode duplicar ou triplicar o salario mínimo interprofesional e que supera en calquera caso o salario medio en España, aínda que varía en función do barrio ou zona.

Segundo os últimos datos de alugueiros publicados polo portal inmobiliario Idealista neste mes de outubro de 2024 e cos datos de salario necesario calculados por Xornal de Compostela, as diferenzas de prezo entre áreas da cidade son significativas. Así, para vivir no Casco Vello ou na zona do Campus, o salario mínimo neto recomendado sitúase en arredor de 2880 euros. Pola súa banda, o Ensanche require uns 2420 euros, mentres que en barrios como Conxo e Sar as cifras soben ata os 2700 e 2543 euros, respectivamente.

No caso de Fontiñas, o salario necesario é o máis elevado, con 3073 euros, mentres que a zona de San Lázaro resulta máis accesible, cun salario neto recomendado de 2333 euros.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here