InicioCULTURAA USC organiza un seminario sobre o rol das mulleres nos oficios...

A USC organiza un seminario sobre o rol das mulleres nos oficios do cinema

O evento abordará o papel versátil e polifacético das mulleres no audiovisual os días 6 e 7 de novembro

Publicado o

Xornal de Compostela

Os días 6 e 7 de novembro terá lugar unha nova edición do CO(M)XÉNERO Seminario Permanente de Comunicación e Xénero na USC, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA). O seminario, que se celebrará no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, centrará o seu enfoque no papel das mulleres nos oficios do cinema, explorando a súa versatilidade e capacidade creativa en diversos ámbitos do audiovisual.

A primeira xornada, o mércores 6, contará coa participación de Xaime Varela Sieiro, profesor no IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago de Compostela, quen recuperará a figura da sonidista Cruz Risco coa peza ‘Por que marchamos’ (1979). A continuación, intervirá a compositora galega Carme Rodríguez, que abordará a súa experiencia na composición musical para o cinema.

O xoves 7, a profesora e investigadora da Université Paris 3 Sorbonne Nouvelle, Ana Viñuela, centrará a súa intervención no modelo de coprodución francés, poñendo como exemplo a película O que arde (2019). A xornada finalizará coa participación de Pilar Monsell, directora e investigadora na Universitat Pompeu Fabra, quen explicará os seus procesos creativos no cinema de non ficción.

O seminario está aberto ao público xeral, con preferencia para profesionais do audiovisual, investigadores e estudantes das áreas de Comunicación Audiovisual e Xornalismo. As persoas interesadas poden inscribirse ata o 4 de novembro a través dun formulario dispoñible en liña.

ÚLTIMAS

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Santiago cederá á Xunta unha parcela na Muíña para construír 123 vivendas públicas de alugueiro

O Concello de Santiago cederá á Xunta de Galicia unha parcela municipal na Muíña...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...

Cineuropa inaugura este venres a súa 40ª edición en Santiago con máis de 150 películas e 17 días de programación

O festival Cineuropa inicia este venres, 6 de novembro, a súa 40ª edición en...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here