HomeSOCIEDADECase 40 cociñeiros con máis de 80 Estrelas Michelín reúnense en torno...

Case 40 cociñeiros con máis de 80 Estrelas Michelín reúnense en torno ao Camiño de Santiago nun evento solidario

Os asistentes pagarán un menú tipo cóctel cociñado polos chefs cuxa recadación se destinará á Asociación Galega do Síndrome de X Fráxil

Publicado o

Por Xornal de Compostela

Case 40 cociñeiros de toda España, que suman máis de 80 Estrelas Michelín, participarán o próximo 10 de xuño no evento gastronómico solidario ‘Estrelas no Camiño de Santiago’, no que os asistentes gozarán dun menú tipo cóctel e de estacións gastronómicas con showcooking con música e animación. A recadación destinarase á Asociación Galega do Síndrome de X Fráxil.

O evento, que celebra a súa décima edición, presentouse este martes na aula gastronómica do compostelán Mercado de Abastos da man do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles; o presidente da Asociación Galega do Síndrome de X Fráxil, Nicolás González Formoso, xunto ao vocal, Iván Simón; e o representante da Delegación Hijos de Rivera en Santiago, Alberto García Pérez. A xornada terá lugar na Leira Casa Barqueiro en Gonte, Negreira, e para asistir deberá adquirirse unha entrada, á venda a partir deste martes, a través de Ataquilla. Para os que non poidan asistir pero desexen colaborar, poden facelo a través da mesa cero cunha doazón ao número de conta É73 2080 0348 3930 4001 2408. Asociación Galega Sindreome X Fraxil-A. G15662505

Na presentación, Merelles destacou o “bo momento” que atravesa este evento que, “ano a ano é capaz de aumentar o número de participantes e consolidarse como unha cita imprescindible para a gastronomía galega”. Destacou que se trata dun proxecto “especialmente importante” para o turismo galego, “xa que aglutina varios dos elementos que definen parte do seu éxito”. A este respecto, lembrou que a gastronomía é a segunda motivación dos turistas para elixir Galicia como destino, polo que é “unha liña de traballo prioritaria”.

Así o demostra, apuntan nun comunicado, a posta en marcha do Plan Territorial de Sustentabilidade Turística Enogastronomía de Galicia, baixo o que se desenvolven distintas estratexias en destino en 80 concellos galegos e levan a cabo liñas de axuda e accións de cohesión para impulsar estes recursos. Ademais, destaca que o evento reivindica outro dos elementos “fundamentais” do modelo turístico galego como é a ruta xacobea, “que está a recuperar a súa internacionalización, xa que no que vai de ano o número de peregrinos estranxeiros que recolleron a Compostela supón o 58 %”. Sinala tamén que, a nivel global, o número de camiñantes aumenta a un ritmo do 21 %.

BOCADO SOLIDARIO E SÍNDROME X FRÁXIL

Pola súa banda, o representante de Hijos de Rivera presentou a novidade da edición da man de Estrella Galicia, o ‘Bocado Solidario’. Entre o 23 e o 26 de maio, os establecementos adheridos á campaña poderán escoller calquera tapa, prato ou menú e acompañalo cunha Estrella Galicia. A consumición deste ‘bocado’ leva unha doazón en favor da causa apoiada polo evento. A edición deste ano reunirá a varios dos mellores chefs de España, “que se unirán para homenaxear a excelencia da gastronomía galega”.

Nesta ocasión, os beneficios volveranse a destinar, por segunda vez, á Asociación Galega Síndrome X Fráxil e como cada ano, está previsto que percorran un tramo do Camiño de Santiago e visiten o Mercado de Abastos e o Monte do Gozo. Entre os participantes están Martín Berasategui, Enejo Atxa, Jesús Sánchez, Helena Arzak, Hermanos Torres, Joan Roca, Toño Pérez, David Muñoz e Paco Roncero. Tamén participarán Pepe Vieira, Javier Oleiros, Manuel Costiña, e Pepe Solla, entre outros.

ÚLTIMAS

Moncho Fernández despídese do Obradoiro tras catorce tempadas á fronte do equipo

Tras a conclusión da temporada 2023/2024, o Obradoiro CAB finalizará a relación contractual que...

O Concello de Ames anuncia a reapertura con normalidade dos comedores escolares tras o brote de gastroenterite

O Concello de Ames informou que os comedores escolares do municipio volverán funcionar con...

Esta será a programación da V Festa do Banquete de Conxo

Este domingo 26 de maio, o Banquete de Conxo regresa a Compostela cun programa...

A EGAP de Santiago acollerá este martes un seminario sobre intelixencia artificial con expertor de toda España

Este martes 21 de maio, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) converterase no...

Esta será a programación da V Festa do Banquete de Conxo

Este domingo 26 de maio, o Banquete de Conxo regresa a Compostela cun programa...

As letras galegas deste ano: Luisa Villalta e outras recomendacións de literatura en galego para nenos e adultos

Día das Letras Galegas, celebrado cada 17 de maio, é unha homenaxe á lingua...

Boqueixón celebra o Festival das Letras Galegas con premios e unha nova adaptación de Memorias dun neno labrego

O CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón foi escenario dunha xornada festiva dedicada ás...