InicioSUCESOSRexistrados senllos accidentes de camións en Santiago e Val do Dubra

Rexistrados senllos accidentes de camións en Santiago e Val do Dubra

Publicado o

Xornal de Compostela

Dous camións tiveron senllos accidentes na provincia da Coruña, en concreto en Santiago e Val do Dubra, segundo informou a Europa Press o servizo de emerxencias 112 Galicia. Neste último caso, foi un camión contraincendios da Xunta que envorcou polo que se desprazou ao lugar un guindastre e solicitáronse medios da Garda Civil e de servizos de mantemento. Foi na DP-1914, no quilómetro 28, cinco minutos antes das once da mañá.

Antes das 10:30 horas, tamén se rexistrou outro na AC-250, no quilómetro catro, no municipio de Santiago. Neste caso foi un camión que transportaba cervexa, sen feridos. Ao lugar, desprazouse Policía Local e Protección Civil, ademais da Garda Civil con traslado da mercadoría e presenza tamén de servizos de mantemento.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...