InicioSUCESOSUn sinistro con catro coches deixa dous feridos en Compostela

Un sinistro con catro coches deixa dous feridos en Compostela

Un dos vehículos implicados abandonou o lugar, segundo o aviso recibido polo 112

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas ao hospital tras un accidente de tráfico no que se viron implicados catro vehículos en Santiago de Compostela. O sinistro produciuse arredor das 22.20 horas na rúa da Fonte de Santo Antonio, segundo informou o 112 Galicia.

Foi un particular quen alertou aos servizos de emerxencia dunha colisión por alcance á altura da fonte situada nesta vía. Segundo o seu relato, tres dos vehículos quedaron afectados polo impacto, mentres que un cuarto coche, que podería estar relacionado coa orixe do accidente, continuou a marcha tras o sucedido. Algunhas das persoas implicadas manifestaban molestias físicas no lugar dos feitos.

Ata a zona desprazáronse efectivos do 061, Protección Civil e Policía Local, que confirmaron a implicación de catro vehículos no accidente. Os servizos sanitarios evacuaron finalmente a dúas persoas feridas nunha ambulancia medicalizada para recibir atención hospitalaria.

ÚLTIMAS

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O PSOE reclama ao Goberno de Santiago que convoque xa as axudas de 2026 ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que convoque de maneira...

O PP culpa o goberno local dos problemas cos fluxos turísticos e reclama medidas antes do Xacobeo 2027

O concelleiro do Partido Popular Adrián Villa responsabilizou o goberno municipal do BNG das...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...

O centro de saúde de Conxo retomará o luns a atención nas instalacións reformadas

A Xunta puxo en marcha este venres o traslado da tecnoloxía clínica e do...