InicioSUCESOSInvestigan a un médico de Santiago por unha suposta agresión sexual

Investigan a un médico de Santiago por unha suposta agresión sexual

Publicado o

Xornal de Compostela

O Xulgado de Violecia Sobre a Muller de Santiago está a investigar a un médico de familia de Santiago denunciado por unha suposta agresión sexual a unha paciente.

Segundo recolle a denuncia, avanzada por elDiario.es, os feitos alegados pola muller sucederon en distintas ocasións entre 2019 e 2021, e consistiron en comentarios inapropiados e tocamentos, sempre segundo a versión da denunciante.

Desde a área sanitaria de Santiago expresaron a Europa Press o “máximo respecto polo procedemento xudicial en curso”, e garantiron o “interese por colaborar” do Sergas. A este respecto, confirmaron que as autoridades xudiciais requiriron “unha información puntual que xa foi facilitada“, pero aseguran “descoñecer os feitos causantes” que motivan a investigación, polo que, engaden, “non se realizarán valoracións”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

O PSdeG apela ao voto útil nun encontro con cargos públicos da comarca de Santiago

Os candidatos socialistas Sindo Guinarte e Ana Alvite reuníronse este sábado con cargos públicos...

A Fiscalía pide 30 anos e medio de cárcere para cada un dos dous principais acusados do caso do club ‘San Lázaro II’

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela,...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Buscas emprego na USC? A universidade anuncia 289 prazas públicas para profesorado e persoal de administración

A renovación dos cadros de persoal das universidades públicas constitúe un dos grandes retos...