InicioSUCESOSUnha persoa ferida en Santiago tras saírse da vía e bater contra...

Unha persoa ferida en Santiago tras saírse da vía e bater contra varios vehículos aparcados

O accidente produciuse na Avenida de Lugo e provocou tamén a caída dunha árbore sobre outro coche

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha persoa resultou ferida nun accidente ocorrido na noite deste sábado en Santiago de Compostela, concretamente á altura do número 155 da Avenida de Lugo. Segundo informou o 112 Galicia, un vehículo saíuse da vía e bateu contra outro coche e contra un camión que estaban aparcados.

A central de emerxencias recibiu o aviso arredor das 22.15 horas, cando un particular alertou de que había un condutor ferido. O alertador detallou o ocorrido e engadiu que, debido á colisión, caeu unha árbore sobre outro coche. Ata o lugar desprazouse persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros de Santiago e axentes da Policía Local. Finalmente, os profesionais sanitarios confirmaron que só unha persoa resultara ferida.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...