InicioSUCESOSTrasladado un traballador e desaloxado un edificio tras o incendio nun local...

Trasladado un traballador e desaloxado un edificio tras o incendio nun local de hostalaría da praza de Cervantes

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse minutos despois das 16.00 horas deste sábado e foi un particular o que alertou do incendio na cociña dun bar situado na praza de Cervantes.

Publicado o

Xornal de Compostela

Un traballador dun local de restauración de Santiago tivo que ser trasladado tras un incendio na cociña, que obrigou a desaloxar, de maneira preventiva, o edificio de á beira do establecemento. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse minutos despois das 16.00 horas deste sábado e foi un particular o que alertou do incendio na cociña dun bar situado na praza de Cervantes. Ata o punto desprazáronse os bombeiros municipais que extinguiron o lume e encargáronse de realizar tarefas de ventilación do local. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladaron a un traballador que sufriu queimaduras con aceite. No operativo tamén participou a Policía Nacional e Local.

ÚLTIMAS

Manuel César renuncia como concelleiro de Santiago por motivos persoais e familiares e será substituído por Saleta Chao

O concelleiro de Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Electrónica de Santiago de...

O PSOE de Santiago levará ao pleno de outubro as barreiras arquitectónicas no acceso ás vivendas públicas de Conxo

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela presentará no pleno ordinario de outubro...

A Asociación de Xornalistas de Galicia concede o Premio Diego Bernal 2027 ao catedrático da USC Xosé López García

A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) decidiu conceder o Premio Diego Bernal 2027...

A criminalidade baixa un 2,3% en Santiago, con descensos nos delitos convencionais e na ciberdelincuencia

A criminalidade baixou un 2,3% en Santiago durante o primeiro semestre de 2026 respecto...

Un menor resulta ferido tras ser atropelado na costa de San Domingos

Un menor resultou ferido este martes nun atropelo rexistrado na costa de San Domingos,...