InicioSUCESOSDetido un condutor no cruce entre as rúas Castela e Murcia tras...

Detido un condutor no cruce entre as rúas Castela e Murcia tras atropelar a un peón

Os feitos producíronse pasadas as 1.30 horas

Publicado o

Xornal de Compostela

Policía Local detivo en Santiago de Compostela a un condutor despois de verse implicado na madrugada do 27 ao 28 de decembro nun accidente con saída de vía e atropelo a un peón, segundo informa o consistorio. Os feitos producíronse pasadas as 1.30 horas na rúa Castela-A Mancha, cruzamento coa de Murcia, cando un turismo se saíu da vía pola marxe esquerda. Debido a iso golpeou a outro vehículo que, á súa vez, impactou contra un terceiro.

O primeiro coche, no seu desprazamento, atrapou contra o segundo a un peón que foi trasladado ao complexo hospitalario universitario de Santiago (CHUS). O condutor deste coche foi detido, investigado pola comisión dos delitos de condución temeraria pondo en perigo a vida e integridade das persoas e lesións por imprudencia con vehículo a motor. Na rúa Hórreo rexistrouse, ademais, un atropelo a unha peatona nun paso de peóns, co resultado da persoa ferida leve, precisan desde o consistorio.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...