InicioSUCESOSRescatan a unha persoa atrapada no interior dunha vivenda que se incendiou...

Rescatan a unha persoa atrapada no interior dunha vivenda que se incendiou en San Pedro de Mezonzo

Foi trasladada polo 061 ao Clínico de Santiago con síntomas compatibles cunha intoxicación por inhalación de fume

Publicado o

Xornal de Compostela

Os Bombeiros rescataron a unha persoa que quedara atrapada no interior dunha vivenda afectada por un incendio en Santiago de Compostela. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu ás 17.30 horas na rúa San Pedro de Mezonzo. Foron uns veciños os que deron a voz de alarma, tras ver saír unha importante cantidade de fume da vivenda, na que residían persoas maiores.

Ata a zona desprazáronse efectivos da Policía Nacional e local, así como dos Bombeiros de Santiago, que rescataron a unha persoa, única ocupante neses momentos da vivenda. Despois, foi trasladada polo 061 ao Clínico de Santiago con síntomas compatibles cunha intoxicación por inhalación de fume. Ademais, o edificio, composto por sete plantas, foi desaloxado de maneira preventiva mentres duraron os traballos de extinción e debido ao intenso fume acumulado nas zonas comúns.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...