InicioSUCESOSDetidos no aeroporto Rosalía de Castro dous cidadáns albaneses con pasaportes falsos

Detidos no aeroporto Rosalía de Castro dous cidadáns albaneses con pasaportes falsos

Ambos tentaban tomar un avión con destino a Dublín (Irlanda), utilizando pasaportes falsos, que adquiriran, para facerse pasar por cidadáns de Grecia. Eses documentos permitiríanlles moverse libremente polo espazo Schengen sen ningún tipo de restrición

Publicado o

Xornal de Compostela

Axentes da Policía Nacional detiveron no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela a dúas persoas como supostos autores dun delito de falsidade documental. Segundo informaron fontes policiais, os dous sospeitosos, cidadáns de orixe albanesa, foron detectados no posto fronteirizo por axentes da Brigada Local de Estranxeiría e Fronteiras da Comisaría de Santiago.

Así, ambos tentaban tomar un avión con destino a Dublín (Irlanda), utilizando pasaportes falsos, que adquiriran, para facerse pasar por cidadáns de Grecia. Eses documentos permitiríanlles moverse libremente polo espazo Schengen sen ningún tipo de restrición, pero os axentes detectaron que se trataba de documentación falsa e procederon á súa detención. Os arrestados foron postos a disposición do xulgado de instrución de garda de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...