InicioSOCIEDADEA Policía Local dará charlas nos institutos da cidade para concienciar sobre...

A Policía Local dará charlas nos institutos da cidade para concienciar sobre efectos de actos incívicos no lecer nocturno

Comezarán a impartirse o 1 de outubro e prolongaranse tres meses

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Local de Santiago volverá acudir a centros de secundaria da capital galega para tratar de concienciar ao alumnado das consecuencias que poden ter determinadas condutas incívicas asociadas ao lecer nocturno. Como novidade, tal e como detallaron este luns en rolda de prensa o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, e o policía encargado de impartir as charlas, Martín Camba, nesta edición a iniciativa tamén chegará ás Anpas.

“Eses pais preocupados polo lecer nocturno dos seus fillos, que erros cometen, que riscos hai… A información é fundamental. O ano pasado xa se uniron un par de Anpas e este ano hai cinco centros que van ter esta charla”, especificou Camba. Así mesmo, explicou que estas charlas xurdiron fai tres anos destinadas a alumnado de 1º de bacharelato dun único instituto e “tivo bastante boa acollida”, polo que decidiron estendelas a todos os institutos de secundaria de Santiago, ademais de ao ambiente universitario, sumando tamén residencias e colexios maiores.

Segundo Martín Camba, non se trata só de conversacións sobre normativa, senón que buscan “un diálogo e proximidade” e “concienciar a través de exemplos”. Pola súa banda, Xan Duro destacou que estas charlas están pensadas “para concienciar á mocidade sobre consecuencias de diferentes condutas incívicas”, ademais de tratar de buscar “un lecer nocturno máis saudable e respectuoso”. A iniciativa comezará o próximo día 1 de outubro e desenvolverase ao longo dos próximos meses en todos aqueles centros que o soliciten. O pasado ano, máis de 3.000 alumnos e alumnas da capital galega recibiron estas charlas organizadas pola Policía Local.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...