InicioSOCIEDADEA cidade suma dous quilómetros de carril bici en Xoán XXIII e...

A cidade suma dous quilómetros de carril bici en Xoán XXIII e na avenida do Burgo das Nacións

Tamén sumará máis prazas de aparcadoiro para residentes e un viario cun tráfico "máis pacificado"

Publicado o

Xornal de Compostela

As obras que o Concello de Santiago leva a cabo nas avenidas de Xoán XXXIII e do Burgo das Nacións permitirán sumar dous quilómetros de carril bici, máis prazas de aparcadoiro para residentes e un viario cun tráfico “máis pacificado”. Así o anunciaron este luns os concelleiros de Mobilidade, Xan Duro, e Obras, Xesús Domínguez, en rolda de prensa.

Tal e como explicaron, o obxectivo é “avanzar nun modelo de mobilidade máis sustentable, con máis espazo para os peóns e para a bicicleta, e máis seguro para os viandantes”. A actuación que xa está en marcha suporá a supresión de dous carrís de circulación na avenida de Xoán XXIII, á que se lle dará tratamento de vía urbana con límite de circulación de 30 quilómetros/hora.

Así, apuntaron, gáñase espazo para acondicionar o seu respectivo carril bici de subida e de baixada a ambos os dous lados da calzada. Ese carril bici terá continuidade pola avenida do Burgo das Nacións ata entroncar coa avenida de Castelao, en Vite. Seguindo cara a San Caetano, acondicionarase unha senda que atrevese o parque Pablo Iglesias e Branco Amor, que chegará ata a senda xa existente na rúa dos Irmandiños que vai dar ao aparcadoiro disuasorio de Salgueiriños.

Ademais, avanzaron que a previsión é comunicar tamén o carril bici co que xa está sinalizado en Cancelas e coa futura senda ciclable que constrúe a Xunta desde Milladoiro. En total, con esta actuación Santiago gañará dous quilómetros de carril bici. “O obxectivo é fomentar os modos brandos de transporte, facer de Compostela unha cidade máis amable coa bicicleta e facilitar a convivencia da bici con outros vehículos, tal e como se está facendo noutras actuacións”, defendeu Xan Duro.

MÁIS APARCADOIRO PARA RESIDENTES

Doutra banda, a supresión de carrís de circulación en Xoán XXIII tamén permitirá acondicionar máis prazas de aparcadoiro. Así, das 23 actuais pasarase a 70, todas para residentes. O responsable de mobilidade comentou que con esta reserva, pretenden atender á poboación da zona e evitar o tráfico ‘parásito’, que é aquel que se move buscando unicamente un lugar para aparcar.

A actuación contempla, ademais, a elevación dos pasos de peóns existentes para “mellorar a seguridade para os peóns, que xa non terán que atravesar catro carrís, de mellorar a accesibilidade e de facer cumprir os límites de velocidade”. A este respecto, incidiron en que Xoán XXIII está “sobredimensionado”, polo que consideran “moi positivo” reducir os catro carrís de circulación a só dous.

A reforma de Xoan XXIII suporá un investimento duns 70.000 euros, entre obra civil e o pintado e sinalización. “Non é unha obra illada da acción de goberno, senón que forma parte dun proxecto global no que se estudará a viabilidade de estendelo a outras rúas de similares características”, avanzou o concelleiro de obras.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...