InicioSOCIEDADEMozos con autismo inician en Sarria o Camiño de Santiago no proxecto...

Mozos con autismo inician en Sarria o Camiño de Santiago no proxecto ‘Caminautismo’

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha decena de mozas con autismo iniciaron este mércores a súa peregrinaxe a Santiago de Compostela, no marco do proxecto ‘Caminautismo’, e partiron de Sarria para percorrer unha primeira etapa ata Portomarín, coa previsión de chegar a Santiago o próximo 4 de setembro.

Para os mozos con autismo a experiencia do Camiño de Santiago supón un desafío, ao enfrontarse con dificultades como a relación coa contorna, as comunicacións noutro idioma ou ter que pasar a noite lonxe das súas familias, ao que se engaden as esixencias físicas.

Con todo, esta iniciativa tamén lles brinda a oportunidade de superarse e demostrar do que son capaces, e axúdalles a gañar confianza nas súas habilidades. Axentes voluntarios da Garda Civil e dos Carabinieri de Italia encárganse da seguridade deste grupo, cuxa experiencia tamén servirá, desde o punto de vista da investigación, para demostrar que o Camiño axuda a reducir a depresión e a ansiedade nas persoas con autismo.

ÚLTIMAS

Santiago avanza na prohibición das tendas de recordos no casco histórico e permitirá novas residencias universitarias

O Concello de Santiago de Compostela deu un novo paso na reforma das normas...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Santa Marta pide aos socialistas mellorar os accesos ao Clínico ante a ampliación do hospital

A ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) centrou boa parte da reunión...

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

Santiago interpela os homes coa campaña ‘Faite un home’ para promover novas masculinidades contra a violencia machista

O Concello de Santiago puxo en marcha a segunda fase de 'Faite un home',...

A CNT acusa o PP de Santiago de intentar provocar incidentes durante unha manifestación pola vivenda

A CNT de Compostela respondeu ás acusacións do Partido Popular de Santiago polos incidentes...

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...