InicioSOCIEDADENova protesta das vítimas de Angrois polas rúas de Santiago 11 anos...

Nova protesta das vítimas de Angrois polas rúas de Santiago 11 anos despois do accidente

Piden á xuíza que sexa "valente" e que a sentenza que emita sexa "exemplar".

Publicado o

Xornal de Compostela

Decenas de vítimas e familiares do accidente do tren Alvia en Santiago –do cal este mércores, 24 de xullo, cúmprense 11 anos-– marchan polas rúas compostelás para reclamar á xuíza do caso que sexa “valente” e que a sentenza que emita, que cren que será “inminente”, sexa “exemplar”.

Ao comezo da protesta, ante a estación de tren da capital galega antes de partir cara á Praza do Obradoiro, o presidente da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, lembrou que levan case un ano á espera desa sentenza tras o fin do xuízo o 27 de xullo de 2023, despois do décimo aniversario deste sinistro que deixou 80 mortos e 145 feridos.

Ese fallo “exemplar”, en palabras de Domínguez, pasa por unha condena a Andrés Cortabitarte, exresponsable de seguridade de Adif, empresa pública encargada das infraestruturas ferroviarias, porque “autorizou a desconexión do sistema de seguridade que evitase o accidente”.

Cortabitarte e o maquinista, Francisco Garzón, son os dous únicos imputados por 80 delitos de homicidio e 145 de lesións por imprudencia profesional grave. A piques de cumprirse un ano desde a conclusión do xuízo, as vítimas esperan unha sentenza “inminente”, quizá “a semana que vén”. O presidente da plataforma considera que, de ser así, será “unha vez máis” coa intención de “tapar” a súa voz.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...