InicioSOCIEDADESantiago activa un dispositivo de prevención de inundacións ante a previsión de...

Santiago activa un dispositivo de prevención de inundacións ante a previsión de fortes choivas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago activou un dispositivo de prevención de inundacións en varios puntos da capital galega ante a previsión de fortes precipitacións para este luns. Diso informou o goberno local a través dun comunicado no que explica que, ante as previsións de que unha DANA afectará á cidade compostelá este 17 de xuño, os técnicos municipais en colaboración con Viaqua realizan revisións de sumidoiros e redes de canalizacións de pluviais.

Segundo explicou o concelleiro Xesús Domínguez, desde o inicio dos traballos o pasado venres foron revisadas 300 sumidoiros e 1.000 metros de rede de pluviais, con especial atención a puntos que adoitan rexistrar inundacións en episodios de choivas intensas. O goberno santiagués destaca que o departamento de Obras traballa no plan de drenaxe e de novas canalizacións, actuacións para as que se reservan 300.000 euros nos orzamentos municipais deste ano.

Ademais, solicita a colaboración da Xunta para realizar intervencións contra as inundacións para realizar unha nova canalización de pluviais no Ameneiral do Viso, que padece estes problemas como consecuencia das obras da Cidade da Cultura e a ampliación da AP-9.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O xulgado inicia a execución da sentenza de Angrois e dá un mes a QBE para pagar as indemnizacións pendentes

O Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela puxo en marcha a execución da...

O bombeiro Jimmy Go completa os 30 maratóns pola prevención do suicidio en Santiago

O bombeiro madrileño Jaime Domínguez, coñecido nas súas redes sociais como Jimmy Go, completou...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...