InicioSOCIEDADEEn bicicleta dende Córdoba a Santiago para visibilizar a investigación do cancro...

En bicicleta dende Córdoba a Santiago para visibilizar a investigación do cancro infantil

Publicado o

Xornal de Compostela

Un grupo de sanitarios e familiares procedentes de Córdoba chegaron este mércores a Santiago de Compostela tras levar case dous meses percorrendo, por etapas, o Camiño de Santiago en bicicleta para concienciar sobre a investigación do cancro infantil. Pasadas as 18:00 horas, o grupo foi recibido polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, Antonio Fernández-Campa, na Praza do Obradoiro.

O proxecto, ‘Quilómetros de esperanza’, arrincou hai algo máis de dous meses da man de Nicolás, sanitario no Hospital Reina Sofía de Córdoba, en oncoloxía pediátrica, e de Javier, pai dun paciente afectado. A campaña busca non só visibilizar a “necesidade” de investigar o cancro infantil, senón tamén recadar fondos para iso. Por iso, na súa conta de Instagram (@kilometros_de_esperanza), habilitaron unha ligazón para que todos aqueles que o desexen, poidan facer doazóns. Precisamente a través desta conta van actualizando as súas “aventuras” polo Camiño de Santiago e compartindo algunhas das mensaxes de apoio que recibían, como os dos internacionais de fútbol Santi Cazorla ou Lucía García.

ÚLTIMAS

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

O PSOE urxe a Raxoi a definir xa o futuro de Fontes do Sar e Santa Isabel

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, instou o Goberno local a avanzar...

O Ano Santo 2027 arrancará o 31 de decembro coa apertura da Porta Santa ao mediodía

O vindeiro 31 de decembro darase o pistoletazo de saída oficial ao Ano Santo...