InicioSOCIEDADEBNG Santiago ve "moi positivos" os resultados nacionalistas nas europeas pero alerta...

BNG Santiago ve “moi positivos” os resultados nacionalistas nas europeas pero alerta do auxe da extremadereita

O concelleiro no Concello, Iago Lestegás, cualificou os resultados

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro no Concello de Santiago polo BNG, Iago Lestegás, cualificou o resultado da formación nacionalista de “moi positivo” nas eleccións europeas, nas que ve “outros elementos preocupantes” como o ascenso da ultradereita.

Segundo sinalou este luns antes os medios de comunicación, tras a rolda de prensa na que deu conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno, o resultado foi “moi positivo” tamén en Santiago, cun 21% de porcentaxe de voto, o que supón un aumento de seis puntos.

Para Lestegás hai outros elementos “preocupantes” como é o ascenso da ultradereita a nivel europeo “e todo o que implica para os colectivos máis vulnerables, para as liberdades individuais, para a emerxencia climática…”. “A situación que se presenta coa ultradereita moi forte é preocupante”, afirmou.

ÚLTIMAS

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...

O Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da Cidade Histórica

O Consorcio de Santiago abrirá este sábado a primeira convocatoria de axudas destinada especificamente...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...

Cascudas na comida dun paciente do Hospital Clínico de Santiago

A sección sindical de CCOO da área sanitaria de Santiago-Barbanza denunciou a presenza de...