InicioSOCIEDADEUn piso de acollida en Santiago dá un respiro ás persoas migrantes...

Un piso de acollida en Santiago dá un respiro ás persoas migrantes fronte ao “racismo inmobiliario”

O recurso suma 726 pernoitas e mantén unha ocupación do 100% desde a súa apertura en xuño. O Concello asina un convenio de 30.000 euros con Don Bosco que apoia esta iniciativa e outra dirixida á mocidade en risco de exclusión

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago asinou este xoves un convenio coa Escola de Tempo Libre Don Bosco por un total de 30.000 euros, que permite contribuír a impulsar un recurso de acollida temporal para persoas migrantes, ademais de darlle continuidade a outra iniciativa dirixida a mozos e mozas en risco de exclusión social. Este recurso, xestionado por Don Bosco en colaboración coa Rede Veciñal de Apoio ás Persoas Migrantes, consiste nun piso xa en funcionamento que ofrece estadías medias de 15 días, prorrogables se é necesario. Teñen prioridade de acceso as persoas en situación administrativa irregular e aquelas que presentan problemas de saúde.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, presentouno nunha rolda de prensa xunto con Xesús María Vilas, en representación de Don Bosco, e con Isabel Varela e Javier Arregui, por parte da Rede Veciñal. Na súa intervención, Rozas referiuse ao “racismo inmobiliario” e ao “drama social do acceso á vivenda, que afecta de xeito máis contundente os colectivos vulnerables”. O piso comezou a funcionar en xuño deste ano e mantén desde o inicio unha ocupación do 100%, segundo explicou Varela. Ata o momento, suma 726 pernoitas. “A iniciativa é que teñan 15 días para buscar un traballo e unha casa ou, se xa teñen traballo, buscar unha casa”, sinalou.

A maioría das persoas usuarias proceden de Mali, aínda que tamén se acolleron persoas de Mauritania, Senegal, Gambia, Guinea e Alxeria. As que saíron foron quen de “arrincar a súa vida, atopar traballo ou conseguir unha vivenda”. Nalgúns casos, mesmo foron derivadas a pisos de persoas que forman parte da Rede Veciñal. “Este encontro é algo positivo tanto para as persoas que chegan como para as que estamos aquí. Como a nós non nos pasa, non sabemos o racismo cru que existe”, engadiu Javier Arregui.

ÚLTIMAS

Mercedes Rosón, ante a candidatura de Guinarte ao Senado: “Xa sabemos cal é o pago polos servizos prestados”

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago, a exsocialista Mercedes Rosón, reaccionou ao...

A Coordinadora PIA NON! convoca unha manifestación en Santiago contra os proxectos de solo residencial da Xunta

A Coordinadora Galega PIA NON! convocou unha manifestación para este sábado 17 de outubro...

O papel das mulleres no xornalismo galego centra un encontro de AMEGA na USC dedicado a Begoña Caamaño

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolleu o segundo encontro do ciclo 'Os...

O maquinista do Alvia evita polo de agora o cárcere á espera da decisión sobre o indulto

A xuíza María Elena Fernández Currás accedeu a suspender o cumprimento da pena de...

O papel das mulleres no xornalismo galego centra un encontro de AMEGA na USC dedicado a Begoña Caamaño

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolleu o segundo encontro do ciclo 'Os...

O maquinista do Alvia evita polo de agora o cárcere á espera da decisión sobre o indulto

A xuíza María Elena Fernández Currás accedeu a suspender o cumprimento da pena de...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...