InicioSOCIEDADEAs ANPA de Compostela apoian as familias do CEIP Quiroga Palacios e...

As ANPA de Compostela apoian as familias do CEIP Quiroga Palacios e rexeitan as acusacións de “politización”

A Federación reclama que a ampliación comprometida pola Xunta non se limite a un novo edificio de Infantil e responda ao conxunto das necesidades de espazo do centro

Publicado o

Xornal de Compostela

A Federación de ANPA de Compostela emitiu este luns un comunicado no que rexeita as acusacións de “politización” lanzadas contra a ANPA Athenea e reafirma o seu apoio ás familias do CEIP Quiroga Palacios, que, segundo lembra, “levan anos reclamando unha ampliación acorde co aumento do alumnado do centro e coas súas necesidades educativas”. A Federación subliña que a ANPA Athenea leva tempo demandando a ampliación do colexio ante o incremento do alumnado, o crecemento da zona da cidade na que se atopa e as condicións nas que se desenvolve o ensino no centro.

MÁIS ESPAZO PARA ATENDER AS NECESIDADES DO ALUMNADO

As familias reclaman instalacións suficientes e adecuadas para garantir a inclusión educativa, a atención individualizada e o correcto desenvolvemento do alumnado. “As familias esixen espazos suficientes e en boas condicións para que sexa posible a inclusión educativa de todo o alumnado, a atención individualizada, o desenvolvemento motor, relacional e social de todos e todas”, sinala o comunicado. Engaden que estas necesidades deben ser atendidas tendo en conta tanto o momento evolutivo dos nenos e nenas como as condicións climáticas e meteorolóxicas.

A XUNTA COMPROMETE UN NOVO EDIFICIO DE INFANTIL

Tras anos de reclamacións, a Federación lembra que a Consellería de Educación se comprometeu finalmente coa ampliación do CEIP Quiroga Palacios. Porén, o proxecto anunciado contempla unicamente a construción dun edificio destinado a Educación Infantil, malia que, segundo as familias, o centro dispón de terreo para desenvolver outras actuacións. Por este motivo, a ANPA Athenea e FANPA Compostela reclaman que a intervención “non fique nunha actuación parcial” e permita dar resposta ao resto das carencias de espazo que presenta o colexio.

CRÍTICAS AO PP DE SANTIAGO

A Federación lamenta ademais que a súa reivindicación non conte co respaldo de todos os grupos políticos municipais. En concreto, critica que o PP compostelán interprete a posición da ANPA como unha actuación partidista. “Lamentamos que esta reclamación non sexa apoiada por todos os grupos políticos municipais, e máis aínda que a defensa dos intereses da comunidade educativa do Quiroga Palacios sexa interpretada como politizada e partidista polo PP compostelán”, sinala o comunicado. A Federación cuestiona que, ao mesmo tempo, non se poña en dúbida a decisión da Consellería e defende que a ANPA se limita a describir e reclamar solucións para as necesidades existentes no centro educativo.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...