InicioSOCIEDADEMil persoas participan na oitava edición da carreira lúdica 'Holi Gaiás'

Mil persoas participan na oitava edición da carreira lúdica ‘Holi Gaiás’

O evento combinou deporte, diversión e actividades para toda a familia.

Publicado o

Xornal de Compostela

Ao redor de mil persoas participaron este sábado na oitava edición da carreira lúdica Holi Gaiás, celebrada nos exteriores da Cidade da Cultura de Galicia. A cita reuniu participantes de todas as idades nun evento deportivo e festivo xa consolidado no calendario de primavera da capital galega.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, foi o encargado de dar a saída á proba e participou posteriormente na entrega de premios. O responsable autonómico destacou a boa acollida da iniciativa e puxo en valor o seu carácter lúdico, familiar e non competitivo.

A carreira principal desenvolveuse sobre un percorrido de cinco quilómetros polos espazos exteriores do Gaiás. Ademais, os máis pequenos puideron gozar da Péquea Holi, unha proba adaptada para menores de 10 anos cun trazado de 700 metros, pensada para fomentar a práctica deportiva e o lecer en familia.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...