InicioSOCIEDADEUn control na AP-9 destapa un posible caso de falsidade documental no...

Un control na AP-9 destapa un posible caso de falsidade documental no transporte

A investigación afecta ao condutor e ao responsable da mercantil implicada.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Garda Civil de Santiago mantén aberta unha investigación contra dúas persoas como presuntas autoras dun delito de falsidade documental, tras detectarse o uso irregular de cartóns dixitais de tacógrafo no ámbito do transporte por estrada. A actuación enmárcase nun operativo de control e vixilancia desenvolvido pola Agrupación de Tráfico.

Os feitos producíronse durante un dispositivo estático na autoestrada AP-9, onde os axentes interceptaron un vehículo articulado no que o condutor, único ocupante, circulaba empregando un cartón dixital que non lle pertencía. Durante a inspección, comprobaron ademais que o seu cartón persoal estaba oculto no cadro de mandos do vehículo, o que podería indicar unha posible manipulación dos rexistros oficiais de condución e descanso.

Tras a detección, o Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) asumiu as dilixencias e procedeu á investigación tanto do condutor como do titular do cartón, vinculado á empresa propietaria do vehículo. A Garda Civil lembra que esta mercantil xa fora detectada en setembro de 2025 por unha infracción similar, na que tamén se investigaron varias persoas, e que as actuacións foron remitidas ao Tribunal de Instancia de Garda de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Ernest Urtasun reivindica os investimentos culturais en Galicia e carga contra Feijóo e o PSOE

O candidato de Fronte Ampla, Paulo Carlos López, anunciou este luns en Santiago de...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Santiago pecha os parques municipais dende as 14:00 polo aviso amarelo por vento

Os parques municipais de Santiago de Compostela quedan pechados desde as 14:00 deste luns...