InicioSOCIEDADEAtegal clausura o curso das súas aulas sénior cun coloquio sobre voluntariado...

Ategal clausura o curso das súas aulas sénior cun coloquio sobre voluntariado e envellecemento activo

A conselleira Fabiola García destaca en Santiago o papel do voluntariado como ferramenta contra o edadismo

Publicado o

Xornal de Compostela

As Aulas Sénior da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) puxeron este mércores o ramo ao curso 2024-2025 cun acto de clausura celebrado en Santiago de Compostela, centrado na promoción do voluntariado sénior como instrumento para favorecer un envellecemento activo e combater os estereotipos asociados á idade. O evento contou coa participación da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García.

Durante o coloquio, organizado nas instalacións compostelás de Ategal, destacouse o valor do voluntariado como eixo fundamental na actividade da entidade. Segundo explicou a organización nun comunicado, este tipo de implicación permite ás persoas maiores manter unha vida activa, crear redes de apoio e participación, e exercer un papel relevante no ámbito comunitario, afastando as ideas negativas que adoitan asociarse ao proceso de envellecer.

A conselleira Fabiola García aproveitou o acto para agradecer a traxectoria de Ategal, que este ano celebra catro décadas de traballo formativo, e reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia coas políticas de envellecemento activo. “Na sociedade actual, moitas persoas chegan á xubilación con ganas de ter unha vida activa, chea de oportunidades e novas experiencias”, afirmou, subliñando que o Goberno galego aposta por ofrecer novas vías para que a poboación maior participe na vida social e comunitaria.

García lembrou tamén que as políticas públicas da Xunta nesta materia inclúen programas centrados na interacción social, o intercambio de experiencias e a promoción da saúde, que buscan mellorar a calidade de vida das persoas maiores e garantirlles un papel activo na sociedade.

No acto, Ategal fixo balance do curso que remata e das súas actividades, que inclúen formación, encontros culturais e participación cidadá, dirixidas especificamente ao colectivo sénior. A través destas accións, a entidade procura favorecer a inclusión e a aprendizaxe continua, ao tempo que combate o edadismo e impulsa unha imaxe positiva do envellecemento.

A clausura serviu tamén para fortalecer os vínculos entre a asociación e as administracións públicas, coa promesa expresa de seguir traballando conxuntamente “para mellorar o día a día das persoas maiores”, en palabras da conselleira.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

O PSOE urxe a Raxoi a definir xa o futuro de Fontes do Sar e Santa Isabel

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, instou o Goberno local a avanzar...

O Ano Santo 2027 arrancará o 31 de decembro coa apertura da Porta Santa ao mediodía

O vindeiro 31 de decembro darase o pistoletazo de saída oficial ao Ano Santo...