InicioSOCIEDADEFeijóo lamenta o falecemento do Papa Francisco e lembra a súa intención...

Feijóo lamenta o falecemento do Papa Francisco e lembra a súa intención de visitar Santiago

O líder popular destacou que o pontífice estivo a piques de peregrinar á cidade con motivo do dobre Ano Santo

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, manifestou este luns o seu pesar polo falecemento do Papa Francisco, ocorrido aos 88 anos na súa residencia da Casa Santa Marta, no Vaticano. O líder da oposición española lembrou que o pontífice arxentino estivo próximo a realizar unha peregrinación a Santiago de Compostela, visita que finalmente non chegou a producirse.

A través dunha mensaxe publicada na rede social X, Feijóo expresou: “Lamento o falecemento do Papa Francisco. Serviu ao mundo e á Igrexa desde as súas conviccións e pensamento ata o último instante. Descanse en paz”.

O papa, que falecía hoxe a primeira hora da mañá, un día despois de participar na misa da Resurrección celebrada na Praza de San Pedro no Vaticano, mantivo ao longo do seu pontificado unha relación de proximidade con Galicia a través de diversos xestos simbólicos. Un deles foi a recepción, no Vaticano en xuño de 2021, do propio Feijóo, daquela presidente da Xunta de Galicia.

Naquel encontro, celebrado con motivo do dobre Ano Santo 2021-2022, Feijóo convidou oficialmente ao Papa Francisco a peregrinar a Compostela, aproveitando a prórroga excepcional do Xacobeo concedida pola Santa Sé debido á pandemia da COVID-19. A visita papal foi contemplada como un xesto de grande simbolismo, aínda que por motivos de saúde e axenda non chegou a materializarse.

Aquela audiencia deixou entrever o interese do pontífice pola tradición xacobea e a súa relevancia espiritual e cultural. Dende o Vaticano, o Papa chegou a enviar mensaxes de apoio aos peregrinos e mostrouse sensible á realidade da ruta xacobea, símbolo de encontro e espiritualidade no contexto europeo.

O falecemento do Papa Francisco pon fin a un pontificado marcado pola defensa dos máis desfavorecidos, o impulso dun diálogo interreligioso renovado e un chamado constante á paz e á xustiza social. Para Galicia, queda a lembranza dun Papa que, malia non pisar fisicamente Compostela, mantuvo vivo o vínculo coa cidade e coa tradición xacobea.

ÚLTIMAS

Investigado por asasinato o detido logo dun atropelo intencionado en Ames no que a vítima faleceu

A Garda Civil investiga por un delito de asasinato ao detido este mércores por...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Pedro Blanco destaca o Xacobeo 2027 como unha “oportunidade para proxectar Galicia no mundo

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou o Xacobeo 2027 como unha...

Nove vivendas municipais para a rúa da Caramoniña froito da rehabilitación e a obra nova

O proxecto de vivendas de aluguer accesible da rúa da Caramoniña, en Santiago de...

Nove vivendas municipais para a rúa da Caramoniña froito da rehabilitación e a obra nova

O proxecto de vivendas de aluguer accesible da rúa da Caramoniña, en Santiago de...

A taxa turística recadou 1,75 millóns de euros nos primeiros nove meses tras a súa entrada en vigor

O Concello de Santiago recadou un total de 1.759.452,21 euros a través da chamada...

Raxoi dá por zanxado o “malentendido” pola ampliación do CEIP Quiroga Palacios: “Xa o resolveron os técnicos”

A concelleira de Educación de Santiago, Míriam Louzao, asegurou que o "malentendido" que puido...