InicioSOCIEDADEPiden 4 anos de prisión para un home que estafou a Vayper...

Piden 4 anos de prisión para un home que estafou a Vayper automoción 25.305 euros cunha falsa venda de coches

Tras recibir o diñeiro, o acusado fixo a entrega e no canto de cinco foron só tres os vehículos que entregou

Publicado o

Xornal de Compostela

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro mércores na súa sede compostelá a un home que se enfronta a catro anos e prisión por un delito continuado de falsidade documental e a outro de estafa. Segundo o escrito da Fiscalía, os feitos producíronse no ano 2022 cando o acusado, intermediario habitual na venda de vehículos e sen antecedentes penais, cobrou 25.305 euros cunha suposta estafa á empresa Vayper automoción.

En concreto, en setembro de 2022 o acusado enviou un correo electrónico ao administrador mercantil de Vayper co orzamento de venda de cinco vehículos, a oferta incluía un Audi A5 por 14.500 euros, un Seat León por 12.500, un Smart Four por 2.500, un Nissan Qashqai por 6.990 e un Volkswagen Tiguan por 16.900 euros. En total a venda sumaba 53.390 euros e o administrador aceptou a oferta e ingresou o diñeiro nunha conta corrente, conta do acusado que agora se enfronta a pena de cárcere.

Tras recibir o diñeiro, o acusado fixo a entrega e no canto de cinco foron só tres os vehículos que entregou: o Smart, o Nissan Qashqai e o Seat León. Ademais, as facturas foran “manipuladas” e modificouse “a data de emisión das mesmas así como o prezo dos vehículos de forma que se reducía notablemente o seu importe”. Con todo, o acusado enfróntase a un delito continuado de falsidade documental e a outro de estafa, por todo iso, o Ministerio Fiscal solicita unha pena de catro anos de cárcere e unha multa de doce meses a razón de dez euros diarios. Ademais, en concepto de responsabilidade civil indemnizarase ao administrador de Vayper automoción coa cantidade de 25.305 euros.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...