InicioSOCIEDADEA Xunta impulsa a conversión de talento novo en proxectos empresariais a...

A Xunta impulsa a conversión de talento novo en proxectos empresariais a través do programa Xuventude Crea

López Campos visita o Polo de Emprendemento de Santiago e destaca a acollida récord da edición 2024 do certame

Publicado o

Xornal de Compostela

O Polo de Emprendemento de Santiago de Compostela acolleu este xoves a visita do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, quen se reuniu con participantes da edición 2024 do programa Xuventude Crea, unha iniciativa da Xunta destinada a promover o talento artístico e creativo entre a mocidade galega.

Durante a súa intervención, López Campos puxo en valor a “extraordinaria acollida” do certame deste ano, que acadou a súa maior cifra de participación en quince edicións, cun total de 627 mozos e mozas inscritos, case o dobre dos 337 rexistrados en 2023. O conselleiro destacou que esta cifra reflicte “o enorme potencial creativo da xuventude galega”.

Porén, o responsable autonómico sinalou que “non chega con premiar as mellores propostas”, senón que é fundamental acompañar os creadores no desenvolvemento das súas ideas. Nesa liña, explicou que a Xunta, en colaboración coa Consellería de Emprego, puxo en marcha un programa de mentoring e acompañamento para axudar a converter os proxectos creativos en modelos de negocio sustentables.

“Queremos facilitarlles as ferramentas necesarias para que poidan transformar a súa idea artística nun proxecto empresarial viable”, indicou López Campos, quen tamén fixo fincapé no papel de Xuventude Crea como “escaparate de talento” e plataforma para que os participantes accedan a eventos internacionais nos seus ámbitos de interese.

A visita ao Polo de Emprendemento santiagués permitiu coñecer de primeira man algúns dos proxectos seleccionados no certame, así como intercambiar impresións coas persoas participantes sobre os retos de emprender no sector cultural e creativo.

Xuventude Crea abrangue distintas disciplinas como a música, a fotografía, a creación audiovisual, o teatro, a moda, a danza ou as artes plásticas, e pretende ser un trampolín para a profesionalización do talento emerxente en Galicia.

A Xunta prevé manter esta liña de traballo conxunto entre departamentos, centrada non só na detección do talento, senón tamén na súa consolidación a través do emprendemento cultural, cunha clara aposta por xerar oportunidades laborais a partir da creatividade da mocidade galega.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Abre ao tráfico o primeiro treito da prolongación da AG-59 entre Santiago e A Estrada

A prolongación da autovía AG-59, entre Santiago e A Estrada, porá este mércores, 22...

Hostaleiros esperan unha ocupación por baixo do 80% na semana das festas do Apóstolo, en Santiago

O portavoz da Unión Hoteleira de Compostela (UHC), José Antonio Liñares, indicou que se...