InicioSOCIEDADERyanair denuncia a un pasaxeiro que finxía ser diplomático para ocupar un...

Ryanair denuncia a un pasaxeiro que finxía ser diplomático para ocupar un asento non asignado nun voo a Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Ryanair iniciou unha acción penal contra un pasaxeiro que foi expulsado dun avión pola Garda Civil tras afirmar ser diplomático da ONU para ocupar un asento non asignado no voo FR2001 de Lanzarote a Santiago de Compostela do pasado 17 de xaneiro, cuxa saída se interrompeu 40 minutos por este suceso.

Desde a aerolínea explicou, nun comunicado, que o viaxeiro se mostrou “verbalmente agresivo” cando a tripulación lle solicitou ver o seu cartón de embarque. “É inaceptable que os pasaxeiros, moitos dos cales viaxan de vacacións coas súas familias, sufran atrasos innecesarios debido ao comportamento dun pasaxeiro indisciplinado”, criticou un portavoz da compañía irlandesa.

Segundo Ryanair, con esta acción penal o pasaxeiro podería enfrontarse a unha condena de 3 a 12 meses de prisión ou a unha multa pecuniaria de 6 a 18 meses. “Esperamos que este exemplo sirva para previr comportamentos prexudiciais nos voos de Ryanair, de maneira que tanto os pasaxeiros e a tripulación poidan viaxar nunha contorna cómoda e respectuosa, tal e como é o seu dereito”, asegurou o mesmo portavoz.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...

O Ateneo de Santiago abre o curso cunha conferencia de Álvaro García Ortiz sobre a transformación da xustiza

O Ateneo de Santiago inicia o vindeiro luns, 5 de outubro, a súa programación...