InicioSOCIEDADEO Grado en Medicina pola USC empezará no curso 2026/27 a impartir...

O Grado en Medicina pola USC empezará no curso 2026/27 a impartir máis clases prácticas en Vigo e A Coruña

Evitarase así a concentración de todos os estudantes no Hospital Clínico de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grao en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) arrincará o proceso para derivar máis clases a outras cidades de Galicia. O primeiro paso será que as prácticas de 4º e 5º curso se impartan tamén nos hospitais de Vigo e A Coruña. Así o avanzaron, ao termo dunha reunión, os conselleiros de Sanidade e Educación, Antonio Gómez Caamaño e Román Rodríguez, o reitor da USC, Antonio López, e o decano da Facultade de Medicina en Santiago, Julián Álvarez, que continuará como o único centro universitario de Galicia que impartirá esta titulación e como o máis grande de España.

Este proceso de descentralización –aínda que os responsables da Xunta rexeitan este termo e prefiren falar de “optimización” da docencia– busca “ter a mellor docencia posible” aproveitando os recursos de todo o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e evitando concentrar a todos os estudantes no Hospital Clínico de Santiago. Sobre a posibilidade de dar máis pasos cara ao futuro, por exemplo levar tamén a outras cidades galegas a docencia, mesmo teórica, aínda non se avanzou. Para todo este proceso conformarase un equipo de traballo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...