InicioSOCIEDADEA USC sitúase entre as mellores universidades do mundo en 21 temáticas,...

A USC sitúase entre as mellores universidades do mundo en 21 temáticas, segundo o ranking QS

Publicado o

Xornal de Compostela

O QS World University sitúa á Universidade de Santiago de Compostela (USC) como unha das mellores universidades do mundo nun total de 21 ámbitos temáticos do cinco áreas de coñecemento. Esta clasificación mundial, que publica este venres a edición de 2025, realizou para o seu estudo unha análise comparativa de máis de 18.300 programas de máis de 1.700 universidades de 100 países.

Segundo informou a USC nun comunicado, entre os miles de institucións universitarias analizadas, a Universidade de Santiago clasificouse entre as mellores en 21 materias, continuando a súa tendencia á alza xa que cada ano incrementa o número.

Este ano aparecen por primeiro vez Ciencia dos Materiais e Odontoloxía, esta segunda sitúase entre o rango de postos 51-120 das mellores universidades do mundo. A clasificación complétana as materias de Historia, Arqueoloxía, Lingüística, e Farmacia e Farmacoloxía, que se sitúan no intervalo 151-200.

Tamén en postos destacados (201- 300) atópanse Linguas Modernas, Comunicación e media, Enxeñaría Química, Lingua e Literatura Inglesa, Educación e Agricultura e Forestal. O ranking complétase con materias destacadas no ámbito mundial de Química, Dereito, Física e Astronomía, Matemáticas, Ciencias Ambientais, Medicina, Ciencias Biolóxicas, Economía e Econometría e Ciencias da Computación e Sistemas de Información.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

O maquinista do Alvia evita polo de agora o cárcere á espera da decisión sobre o indulto

A xuíza María Elena Fernández Currás accedeu a suspender o cumprimento da pena de...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...

A criminalidade baixa un 2,3% en Santiago, con descensos nos delitos convencionais e na ciberdelincuencia

A criminalidade baixou un 2,3% en Santiago durante o primeiro semestre de 2026 respecto...