InicioSOCIEDADERueda defende descentralizar a docencia do Grao en Medicina, pero mantendo "unha...

Rueda defende descentralizar a docencia do Grao en Medicina, pero mantendo “unha facultade” en Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu que "ninguén" se debe sentir "agredido" pola proposta nin pensar que isto "vai a minorar a calidade" do grao

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu a idea de impartir a docencia do Grao en Medicina noutras cidades galegas ademais de en Santiago de Compostela, aínda que cre que a “centralización nunha facultade debe seguir así”. Preguntado sobre este asunto na súa comparecencia posterior á reunión semanal do Goberno galego, Rueda recalcou que é “unha proposta no seu inicio”, pero avalouna porque a Facultade de Medicina da capital “é a máis grande de España” e acolle cada ano a un “número importante de alumnos”.

Ademais, lembrou que hai desde hai anos un consenso entre as tres universidades galegas de que haxa “unha única facultade” en Santiago, pero que “funcionase coa necesaria extensión da actividade docente” por todo o territorio galego para aproveitar “o potencial dos magníficos profesionais” que traballan en diferentes centros saniarios. “Trátase de ter aos futuros médicos e médicas o mellor formados posible”, recalcou o presidente da Xunta, para insistir en que “ninguén” se debe sentir “agredido” pola proposta nin pensar que isto “vai a minorar a calidade” do grao.

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O Tacgal rexeita o recurso contra a adxudicación do novo contrato do transporte urbano de Santiago

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) desestimou e inadmitiu o recurso...