InicioSOCIEDADEXa son 8 os concellos que piden a gratuidade da AP-9 entre...

Xa son 8 os concellos que piden a gratuidade da AP-9 entre Santiago e Padrón

Os alcaldes dos concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira selaron este martes un manifesto para solicitar a constitución dunha mesa de traballo entre o Ministerio de Transporte e os concellos da área da AP-9 na zona de Santiago ata Padrón para lograr a gratuidade da autoestrada

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Valga aprobou, por unanimidade, unha moción co obxectivo de que a localidade se some á petición realizada por sete municipios para reclamar que o tramo da AP-9 entre Santiago e Padrón sexa gratuíto. En concreto, os alcaldes dos concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira selaron este martes un manifesto para solicitar a constitución dunha mesa de traballo entre o Ministerio de Transporte e os concellos da área da AP-9 na zona de Santiago ata Padrón para lograr a gratuidade da autoestrada.

Así mesmo, solicitan ao Goberno que realice un estudo e determine un calendario para liberar por fases a AP-9 e que se analice a posibilidade de ampliar a zona libre de peaxes desta zona, facilitando a ligazón gratuíta da AP-9 e a AG-11. Tras a conformación desta fronte e a aprobación da moción no pleno municipal, o alcalde, José María Bello Maneiro, lembrou que xa hai tramos da AP-9 nos que as peaxes foron suprimidas ou nos que se estableceron descontos, polo que manifestou que quere que os seus veciños “tamén se vexan beneficiados”. Sinalou que o Concello leva tempo traballando conxuntamente con outras localidades sobre este asunto e, de feito, engadiu, conseguiuse que a empresa concesionaria abone a taxa de IBI íntegra, o que supón 185.000 euros anuais para as arcas municipais.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...

O Ateneo de Santiago abre o curso cunha conferencia de Álvaro García Ortiz sobre a transformación da xustiza

O Ateneo de Santiago inicia o vindeiro luns, 5 de outubro, a súa programación...