InicioSOCIEDADEPresentación da campaña 'Compostela con tempo. Santiago con todo' en Fitur 2025...

Presentación da campaña ‘Compostela con tempo. Santiago con todo’ en Fitur 2025 este xoves

A campaña quere pór en valor a importancia do 'Tempo' para unha experiencia turística "de calidade"

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do Goberno local de Santiago e concelleira de Turismo, Míriam Louzao, avanzou a campaña que o consistorio municipal levará a Fitur 2025 e que ten como lema ‘Compostela con tempo. Santiago con todo’. A campaña será presentada este xoves, 23 de xaneiro, ás 13.00 horas, en Fitur e, tal e como explicou, “marca o inicio dunha promoción turística de longo percorrido” que se desenvolverá “paulatinamente” ao longo do mandato.

Tal e como sinalou, o lema pretende sintetizar a “declaración de principios” do Executivo sobre como enfocar a promoción turística con base nun modelo “alternativo ás visitas superficiais, de curta duración, estandarizadas e que perpetúan tópicos e estereotipos”. Así mesmo, a edil sinalou que “desmarcarse deste tipo de modelo” é un dos “grandes desafíos” do Goberno local. Tamén defendeu un modelo que “harmonice a presenza de turistas coa vida cotiá dos veciños”, levando o “selo da planificación, do coñecemento, da posta en valor da singularidade de cada lugar, e da cultura e da identidade locais”.

A campaña quere pór en valor a importancia do ‘Tempo’ para unha experiencia turística “de calidade”. “Do mesmo xeito que as persoas de Compostela levamos como un sinal de identidade e de boa educación que cando imos a casa de alguén levamos un agasallo, non imos cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha, aquí tamén queremos que cando as persoas veñan visitarnos tráiannos un agasallo, e ese agasallo que queremos é ‘Tempo'”, destacou Louzao.

Ademais, detallou que a campaña se desenvolverá en diferentes ‘episodios’ ao longo do ano, e convidará os visitantes a contar con “tempo para estar e gozar”, así como para “explorar e coñecer ‘Todo’ o que ofrece Compostela” máis aló da cidade histórica. En definitiva, o Executivo local pretende “fuxir da mensaxe instantánea e efémera” apostando por conseguir obxectivos enfocados na desestacionalización, no incremento da duración das estancias e na diversificación dos fluxos turísticos.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...