InicioSOCIEDADEArrinca esta semana o xuízo contra 28 acusados de formar unha armazón...

Arrinca esta semana o xuízo contra 28 acusados de formar unha armazón para distribuír cocaína e heroína na cidade

Cada un dos acusados tiña uns labores asignados, desde facerse coa droga a repartila ou vendela ao consumidor final en distintos pisos da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A sección compostelá da Audiencia Provincial da Coruña acollerá desde o vindeiro luns, día 20, un xuízo por tráfico de drogas no que figuran como acusados ata 28 persoas que formaron unha armazón para distribuír e vender cocaína e heroína na cidade. Segundo recolle o escrito de cualificación fiscal, desde polo menos xaneiro de 2020 e ata o momento da detención de cada un dos acusados, os mesmos dedicáronse, na cidade de Santiago, á distribución e venda entre terceiras persoas de sustancias estupefacientes, concretamente heroína e cocaína. Cada un dos acusados tiña uns labores asignados, desde facerse coa droga a repartila ou vendela ao consumidor final en distintos pisos da cidade.

O Ministerio Púbico considera os feitos constitutivos dun delito de tráfico de sustancias estupefacientes. Ademais, a un dos procesados atribúelle un delito de atentado e un delito leve de lesións, dado que agrediu a un dos axentes que o detiñan. Por iso, pide para os acusados penas que van dos catro aos seis anos de cárcere, ademais do pago de multas. Para o acusado de agredir a un axente, o fiscal solicita que a pena de cárcere poida conmutarse por expulsión do territorio nacional durante 10 anos, dado que se atopa en España en situación irregular.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...