InicioSOCIEDADEA Xunta dá o visto e prace á ampliación do servizo de...

A Xunta dá o visto e prace á ampliación do servizo de taxis na cidade, con 29 novas licenzas

O goberno compostelán móstrase "satisfeito" e celebra a decisión da Administración autonómica

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta trasladou este martes ao Concello de Santiago o informe favorable para ampliar ata 173 as licenzas de taxi no municipio, como solicitara Raxoi, o que suporía ampliar en 29 as 144 licenzas actuais. Segundo explicou o Goberno galego nunha nota de prensa, 15 das novas incorporacións corresponden a licenzas para aqueles taxis que están adaptados a persoas con mobilidade reducida, que se sumarán ás 10 licenzas actuais. Así mesmo, Raxoi terá un prazo de dous meses para fixar o calendario para outorgar as novas prazas de taxi, que poderían ser concedidas todas elas de forma simultánea, segundo detallou nunha o goberno local.

No caso de Santiago, o informe recolle que se considera “suficientemente acreditado” un aumento da demanda que estaría vinculado, “entre outros motivos”, a un incremento de residentes, de turistas, de peregrinos, así como da mobilidade cara a e desde Compostela en transporte público, ademais dos desprazamentos a municipios limítrofes. Con todo, a Administración autonómica sinalou que o estudo de mobilidade do Concello compostelán “xustifica” o nivel de oferta e demanda de servizos de taxi existentes, a cobertura por transporte público ou as necesidades de mobilidade da poboación, entre outras.

Por outra banda, o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais do Concello de Santiago, Xan Duro, aproveitou para lembrar que “esta foi a primeira solicitude, avalada por un informe rigoroso, de incremento de licenzas desde 1998, a pesar de ter menos taxis operativos que fai dez anos para atender a unha poboación e unha presión turística moito maior”. Con todo, o goberno local mostrouse “satisfeito” coa noticia e sinalou que o Concello traballará agora para que estas licenzas sexan “canto antes” unha realidade, xa que é unha “demanda clara” dos veciños de Compostela.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...